Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Asociación Micolóxica Viriato

A Asociación Micolóxica Viriato leva máis de vinte anos divulgando temas relacionados coa micoloxía básica, coa culinaria... A divulgación é a súa devoción. Durante a tempada micolóxica organizan saídas tuteladas ao monte todos os sábados. A saída efectúase dende o  local social en Sillobre. Axudan as persoas que así o requiran na clasificación das setas que levan ao local.Periodicamente organizan ceas, xa que, ademais de micólogos considéranse micófagos. Para os fanáticos da Ciencia dispoñen dun microscopio profesional co que poden observar as esporas das setas. Dispoñen dunha biblioteca moi completa que van ampliando día a día.