Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Asociación Pola Defensa da Ría

 Esta asociación nace como resposta á preocupación cidadá diante da grave situación de deterioro ambiental que sofre o medio natural na zona; trátase dunha asociación ecoloxista plural e aberta a todas as persoas que -con independencia da súa condición e ideoloxía- coincidan no interese pola recuperación e potenciación da maior das riquezas ecolóxicas da bisbarra: a ría e o seu contorno. A súa aspiración a un modelo de desenvolvemento sustentáble, baseado na explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros e forestais e dun turismo alternativo, e o convencemento de que este desenvolvemento económico e ecolóxico da bisbarra vai ligado en moi boa medida á recuperación do ecosistema rio-ría , xustifican de cheo a adopción do nome da Asociación.