Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Bicis pola Paz

Bicis pola Paz é unha ongd que nace en Chantada. O obxectivo de Bicis pola Paz é fomentar o eco-transporte nos proxectos de desenvolvemento, Bicis pola Paz doa bicicletas a mestres, médicos, promotores de saúde, veterinarios…. en máis de vinte paises de América Latina, Asía e África, así como a inmigrantes no estado español. Grazas a unha bici un médico pode chegar a tempo a un parto para salvar a vida dunha persoa, un mestre pode atender máis escolas ou un inmigrante atopar e desprazarse a un traballo digno. Bicis pola Paz doa as bicicletas en base a demanda das comunidades locais e en colaboración con elas, adquirindo as bicis nos mesmos lugares de desenvolvemento dos proxectos co fin de fortalecer o tecido comercial local. Bicis pola Paz financia estas doazóns cos fondos recadados polo proxecto "Contos Solidarios" así coma cos fondos económicos aportados por colaboradores, institucións, fundacións…