Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Ciudades, Medio Ambiente y Sostenibilidad

Autores - Colaboradores: 

Álvaro Sánchez Bravo
 

As reflexións sobre o medio ambiente e as cidades revélanse na hora presente como imprescindibles. A dimensión relevante das cidades como foco de vida social, económica, cultural, e como un propio ecosistema vivo, presenta como contravalor, a contaminación, as desigualdades, a destrución do noso patrimonio ambiental, o urbanismo descontrolado e un sinfín de cuestións a considerar. Experiencias como as axendas 21 son un exemplo de como o compromiso e a colaboración entre cidades e administracións poden dar bos resultados, sen esquecer que resultan igual de fundamentais tanto as medidas políticas e xurídicas como a educación e o compromiso cidadáns; este volume recolle estudos e consideracións acerca deste tema, que xurdiron a raíz das últimas Xornadas sobre Medio Ambiente Urbano e Sustentabilidade.