Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

A quen lle toca pasa-lo ferro?

O proxecto comeza da man da asociación Aspadex que tras establecer un centro de día para o colectivo dos discapacitados con talleres ocupacionais (xardinería, encadernación, enmarcación…) non existentes na zona e  que tiveron un enorme éxito, crearon unha vivenda para ese colectivo. Nesta vivenda, pioneira no eido rural acádanse cotas case totais de autonomía e de responsabilidades, a diferencia dunha residencia,  pois cada persoa ten un programa de tarefas cotiás cada día e na planta baixa contan cun negocio propio onde se comercializan produtos artesanais elaborados por eles mesmos. Buscan aportar á sociedade un traballo diferenciador pola calidade, competitivo e non pola posible relevancia de que sexan producidos por este colectivo. Ofértanse tamén prazas para períodos vacacionais, para facer intercambios ou chamadas de respiro para persoas en situacións personais de especial necesidade. O próximo proxecto é montar un segundo kiosco pois xa contan con un no hospital da zona.
Cee.