Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

O valor da innovación.

Juan Carlos López, modernizou e tecnificou o proceso produtivo da explotación avícola de seu pai, con elo foron aumentando o número de aves criadas e tamén os residuos xerados o cal supuña un problema a súa eliminación en determinadas épocas do ano. Aquí comeza o proxecto: valorización dos residuos como fertilizante. Tras unha viaxe a Holanda para informarse o propietario procedeu á construción dunha planta a carón da explotación avícola. Todo se levou a cabo coa colaboración da USC a través de proxectos de I+D encamiñados á caracterización e valoración do fertilizante obtido e a optimización da fabricación. Mediante deshidratación e granulación transfórmanse os residuos en abono de gran estabilidade e riqueza superando tódalas espectativas dos proveedores. Hoxe día máis prodúcense máis de 2000 toneladas contando cos residuos doutras explotacións e compiten no mercado nacional con produtos de Israel e Holanda. Este emprendedor conseguiu obter dun residuo un recurso económico, sendo o primeiro neste tipo de residuo en toda España.
Portomarín.