Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Currais de 7000 galiñas.

Esta empresa familiar está dirixida pola neta do propietario orixinario das terras e o pazo onde se ubica. A empresaria é unha licenciada en Ciencias Económicas moi formada neste campo que ao nun principio se supo rodear de xente coñecedora e con experiencia para levar a cabo o seu proxecto. A empresa conta con 5 granxas con 35.000 galiñas en semiliberdade producindo 30.000 ovos campeiros ao día. O carácter emprendedor da muller que xestiona esta empresa familiar levou a que introducira modernizacións na empresa coma por exemplo un novo deseño de oveiras o cal logrou introducir a empresa nun mercado máis selecto. Introduciu tamén un organigrama vertical de responsabilidades para os once traballadores que ten ao seu cargo, con continuas reunións para poder solventar mellor as posibles incidencias. Introduciu tamén plantación de espárragos e framboesas nos campos non utilizados.
Antas de Ulla.