Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Agricultura

Proxecto Amorodo

Iniciativa dos concellos de Ames, Rois, Dodro e Brión formada por unha agrupación de produtores que realizan unha posta en valor dos produtos locais e da agricultura tradicional.
 

Rede Agrometeorolóxica

Rede de estacións esparcidas por toda Galicia que proporcionan datos coma temperatura, humidade, precipitacións, vento…
 

Fondo Galego de Garantía Agraria

O Fondo Galego de Garantía Agraria desenvolve as accións necesarias para a aplicación da Política Agraria Común no eido agrícola e gandeiro, respecto das axudas e subvencións con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) así como ás medidas de intervención e regulación de mercados das distintas Organizacións Comúns de Mercados (OCM) financiadas tamén polo dito Fondo.
 

Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estudos e Publicacións

Este servizo avalía as necesidades e inquedanzas do sector para promover a investigación nas materias que o mesmo demande, asumindo as funcións de asesoramento ao sector agrario e forestal nas cuestións de innovación e uso das novas tecnoloxías e difunde entre a sociedade o resultado dos coñecementos obtidos nos centros de investigación, estacións e laboratorios a través de actividades de formación como cursos, xornadas e outras actividades formativa; actividades de información e de documentación, con elaboración de documentos, tanto informes técnicos como publicacións; xeración e xestión d

Centro de investigacións agrarias de Mabegondo

Este centro ten a función de realizar investigacións aplicadas e básicas orientadas nas liñas de investigación preferentes dos programas de recursos e tecnoloxías agroalimentarias. Realiza tamén difusión directa da tecnoloxía desenvolvida a través dos Días de Campo, reunións específicas con sectores e grupos específicos (ovino, vacún, matadoiros e carniceiros...), visitas dos agricultores e alumnos de ensino técnico ás fincas e laboratorios do CIAM, xuntanzas co Servizo de Extensión Agraria, asesoramento dos investigadores a agricultores e institucións que así o demanden.

Banco de Terras de Galicia

Supón a mobilización de terras agrarias mediante aluguer, é un banco público onde calquera persoa pode inscribir de xeito voluntario as súas fincas para permitir que sexan arrendadas por períodos máximos de 5 anos. É un intento por parte da Xunta de Galicia de crear riqueza e emprego mediante o arrendamento de fincas agrarias abandoadas ou improdutivas.
 

Laboratorios de servizo: Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia

Nel procédese á realización de análises oficiais, informativas e ensaios científicos. O Laboratorio Agrario realiza análises químicas e fisicoquímicas tanto dos medios de produción, como dos produtos agrícolas, forestais, gandeiros (salvo os relativos á sanidade pecuaria), produtos agroalimentarios, bebidas, produtos para a alimentación animal, de residuos de fitosanitarios en varias matrices, e diagnósticos fitopatolóxicos.
 

Estación Fitopatolóxica Areeiro

Os seus obxectivos son asesoramento en materia de fitopatoloxía, axudar aos agricultores e Servizos Oficiais a recoñecer as pragas e enfermidades dos nosos cultivos, e a informar sobre a as medidas de protección e control que deben seguir para evitar as perdas que ocasionan estes patóxenos; no campo da fructicultura recuperación de variedades autóctonas galegas e a introdución de novas especies e variedades froiteiras aptas para a nosa zona coa realización dos estudos previos de aclimatación e agronomía, os resultados obtidos destas experiencias transmítense aos fructicultores por medio de

Asaja

Xóvenes Agricultores-Asaja Galicia é unha Organización Profesional Agraria que agrupa ós pequenos e medianos empresarios agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia.
 

Distribuir contenido