Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Residuos

Un final non definitivo.

A creación desta empresa é froito do coñecemento dos donos do mundo empresarial ao identificaron potenciais mercados e a evolución das normativas condicionantes. Esta empresa está autorizada para a destrucción dos vehículos comprometéndose a descontaminalos. Ata quince residuos terán que ser extraídos e recollidos convenientemente para posteriormente seren xestionados por empresa autorizada. Agora é un auténtico núcleo industrial de reciclaxe.

Dende a reciclaxe á reutilización.

A importancia do sector agropecuario nesta zona xunto coa dificultade para a xestión de moitos residuos sólidos (urbanos e non urbanos) sumado todo ao incremento na zonado cultivo de millo que carecía de fertilizantes propios a baixo custo tivo coma resposta a creación desta empresa.

O valor da innovación.

Juan Carlos López, modernizou e tecnificou o proceso produtivo da explotación avícola de seu pai, con elo foron aumentando o número de aves criadas e tamén os residuos xerados o cal supuña un problema a súa eliminación en determinadas épocas do ano. Aquí comeza o proxecto: valorización dos residuos como fertilizante. Tras unha viaxe a Holanda para informarse o propietario procedeu á construción dunha planta a carón da explotación avícola.

Xestión integral de residuos urbanos con participación cidadá.

Esta boa práctica parte da implantación dunha forma racional e integrada de tratamento de residuos sólidos contando para isto cun proceso altamente participativo e que inclúe a construcción dunha planta de reciclaxe e compostaxe dando servizo ao 100% da poboación, reintroducíndose os produtos no ciclo produtivo a través de empresas de economía local.

Recollida selectiva porta a porta de aparellos eléctricos e electrónicos.

Esta boa práctica consiste na reciclaxe dos lodos xerados no proceso de tratamento das augas da comarca na estación depuradora de Arazuri. O feito de que estes lodos fosen de gran calidade e baixo contido en metais pesados fixo que fosen aptos para o seu aproveitamento coma, abono, compost e recebo coa consecuente gran aceptación por parte dos agricultores.
Arazuri (Navarra).
 

Fomento da compostaxe no medio rural.

 Para levar a cabo esta boa práctica procedeuse á implantación da compostaxe nas zonas de Mungia onde sí era viable: caseríos de zonas rurais e barrios periféricos. O principal logro foi o establecemento dun programa de apoio á compostaxe da fracción orgánica dos residuos domiciliarios e de xardiñería dos barrios periféricos, xunto coa sensibilización no respecto polo entorno e educación nas novas experienzas de compostaxe.
Mungia (Bizkaia).
 

Recollida selectiva de aceite de uso doméstico.

Para levar a cabo esta boa práctica repartíronse de xeito gratuíto recipientes para a recollida do aceite de uso domestico, xerando o hábito por parte dos habitantes a reciclar o aceite usado, evitar que se verta polo desagüe e mellorara a calidade da auga do rio. Os recipientes repartidos son ao mesmo tempo reciclados. Recuperáronse 1,7 toneladas de aceite usado que se reaproveitou en parte para a produción de biodiesel.
Llodio-Laudio (Álava).
 

Ordenanza e xunta municipal para a xestión de residuos domiciliarios.

Neste concello alavense articulouse unha ordenanza municipal de xestión de residuos domiciliarios e a creación da Xunta municipal de residuos coma elemento de implicación da industria local, establecendo acordos de cooperación e prestación de servizos dentro da estratexia ambiental local. Froito do mencionado, logrouse a redución do vertido de residuos perigosos grazas a unha maior concienciación cidadá e ao coñecemento dos fluxos de residuos no concello.
Legutiano (Álava).
 

Gestion5r: unha ferramenta en Internet para a reciclaxe.

Para conseguir a calificación de boa práctica, este concello biscaíno creou unha ferramenta tecnolóxica e práctica que aglutina a maior información existente acerca da reciclaxe e xestión dos residuos a nivel estatal. Logrouse a sensibilización e orientación á poboación e empresas para a correcta xestión de residuos.
Gordexola (Bizkaia).
 

Compra municipal ambientalmente correcta.

Procedeuse neste concello á implantación dun código interno de compras e contratos municipais baseado en criterios de aforro e eficiencia no consumo dos recursos e na filosofía do presuposto ambiental. Reduciuse con este código a xeración de residuos e emisións nas dependencias municipais , racionalizouse e ambientalizouse o servizo de compras e contratos, así coma un gasto menos de 5000 euros ao ano en adquisición de produtos de limpeza.
Manlleu (Barcelona).
 

Distribuir contenido