Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Movilidad

Instalación de rampas mecánicas en rúas empinadas.

Esta boa práctica baseouse na instalación de cinco rampas mecánicas para mellorar a accesibilidade dunha zona con elevadas pendentes no municipio. Isto supuxo unha mellora da accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida e un incentivo para os desprazamento peonís.
Basauri (Bizkaia).
 

A reinvención do transporte colectivo en Menorca.

Creación dunha nova cultura de uso do autobús mediante actuacións coma unha reforma integral dos servizos de bus cun incremento de destinos, frecuencia e horarios; un control do aparcamento, prioridade de acceso e creación de servizos especiais de autobús; implantación de servizos vinculados ás festas de cada municipio; implantación de servizos nocturnos; nova estación de autobuses; e novos servizos regulares de autobús nas dúas principais cidades.
Menorca.
 

Espazo público, mobilidade e accesibilidade no distrito de Gràcia (Barcelona)

Proxecto que plantexa un novo modelo de mobilidade e espazo público para mellorar a funcionalidade e calidade urbana do distrito de Gràcia.  O obxectivo deste proxecto persegue unha maior accesibilidade para o peón e un maior uso dos transportes máis sustentables. Tamén se crearán grandes mazáns.
Barcelona.
 

Mellora paisaxística do acceso a Granollers (Barcelona) pola carretera BP-5002.

Mellora da carretera que accede á cidade de Granollers mediante actuacións de reestruturación da sección da vía, construcción de beirarrúas, plantación de vexetación, ordenación das infraestruturas técnicas, eliminación de vallas publicitarias e mellora das vallas das fincas adxacentes.
Granollers.
 

Plan de Mobilidade y Espacio Público de Vitoria-Gasteiz.

Plan consistente nunha serie de actuacións que afectan á circulación do vehículo privado, ao transporte público, ao aparcamento, á rede ciclista e peonil, así coma á habitabilidade e a accesibilidade da cidadanía e equipamentos, redes de transporte e actividades.
Vitoria-Gasteiz.
 

Desplegue de infraestructura para o coche eléctrico na Bahía de San Francisco (California)

Establecemento dunha rede de un cuarto de millón de puntos de recarga para os coches eléctricos.
Bahía de San Francisco (California).
 

Proxecto E-Bus da EMT: Xestión Intelixente da Flota de Autobuses de Madrid.

Este proxecto implica a implantación da última tecnoloxía co fin de facilitar a xestión da flota de autobuses, incorporando á súa vez servizos de alto valor engadido para o pasaxeiro.
Madrid.
 

Bicibox. Novo tipo de aparcamento para bicicletas.

Rede de aparcamentos seguros para bicicletas privadas, consistente en contenedores con compartementos pechados. Este proxecto persegue, ademais de evitar os roubos das bicicletas, que o seu uso se estenda sen que ningún tipo de obstáculo o impida.
Área Metropolitana de Barcelona.
 

Metrobús dentro do modelo de transporte público de Curitiba (Brasil)

Posta en marcha dunha rede integrada de transporte público no cal destaca un sistema formado por vías exclusivas para autobuses. Esta rede foi a primeira instalada no mundo componse de 72 Km que recorren os principais eixes da cidade e que constitúe as denominadas liñas rápidas.
Curitiba (Brasil).
 

Seguridade vial en Fuenlabrada (Madrid)

Esta cidade recibiu o premio á mellor práctica urbana en seguridade vial, premio que foi merecido pola iniciativa pioneira en España de por mensaxes nos pasos de peóns sobre as mortes por atropello; a inclusión en semáforos da figura dunha muller; a promoción do uso de casco entre os motoristas con métodos innovadores e a instalación dun sistema para aumentar a visibilidade nos pasos de peóns.
Fuenlabrada.
 

Distribuir contenido