Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Recursos Externos

Sendeiro Galiñeiro.

O sendeiro comeza no lugar da Pasaxe, onde existe un cartel anunciador. Durante o percorrido encontraremos bosques mixtos e zonas de descanso con fontes de auga fresca. nas paredes graníticas do Galiñeiro existe unha zona de escola de escalada con multitude de vías de diferente dificultade para a práctica deste deporte. Na parte alta, xa cerca do cume, existen restos posiblemente pertencentes a un muro defensivo dun castro galaico-romano. Desde o pico domínase un extenso panorama do sur da provincia de Pontevedra.
A Pasaxe, Galiñeiro, presa de Zamáns e A Pasaxe.
 

Sendeiro Natural Aciveiro-Candán.

Esta rota, que discorre preto do Camiño de Santiago, cruza zonas cunha importante mostra de bosque autóctono xunto a ribeira do río Loio. Podemos atopar pontes e muíños tradicionais dentro da rota, como o muíño e ponte da Retorta, ou seguindo unhas pequenas derivacións, como o agochado muíño de Pías.
Mosteiro de Santa María de Aciveiro, Vilaverde, A Rochela, A Lomba, Mámoa, Lamasgalán de Arriba, Lamasgalán de Abaixo, Mouro Negro, Ponte Vella de Andón, Andón, O Cotiño y Mosteiro.
 

Rota do Loio.

Esta rota, que discorre preto do Camiño de Santiago, cruza zonas cunha importante mostra de bosque autóctono xunto a ribeira do río Loio. Podemos atopar pontes e muíños tradicionais dentro da rota, como o muíño e ponte da Retorta, ou seguindo unhas pequenas derivacións, como o agochado muíño de Pías.
Paradela, A Retorta, Porto Caneiro, Loio, puente en la confluencia del río Loio con el embalse de Belesar.

 

Sendeiro Arredor de Cambre.

Senda que comeza na propia vila de Cambre, a carón do Museo do Xacemento Romano e moi preto do monumento nacional do antigo mosteiro de Santa María de Cambre. Durante a rota pasaremos xunto aos castros de Cambre e de Armental, por profundas congostras e pola misteriosa Pena de Nosa Señora.
Cambre, Socampo, Cela, Castro de Armental, Estorrentada, A Pena de Nosa Señora, Cambre.
 

Sendeiro Aloia.

Percorrido que conduce de norte a sur, polas ladeiras da Serra do Galiñeiro rematando no Monte Aloia ou de San Xulián.
Galiñeiro, Prado y Monte Aloia.
 

Rota de Queguas.

Pártese da aldea de Queguas. Trátase dunha ruta circular que bordea altas cotas de montaña polas Serras do Laboreiro e Queguas.
Queguas, Os Carríns, As Cortes da Carballeira, A Gurita y Queguas.
 

Rota de Padrendo.

Esta rota vai dende Ourense capital ata a aldea de Padrendo. Pódense visitar o mosteiro de Celanova, a igrexa visigótica de Sta. Comba de Bande, o campamento romano de Aquis Querquennis, as augas termais do río Caldo e a antiga Vía Nova romana con restos da súa calzada e numerosos miliarios. Pequenos desvíos achégannos ata o barroco da igrexa da Terrachá ou o Parque Megalítico de Muíños. A ruta discorre polo val, entre os somontes da Serra de Sta. Eufemia e a do Xurés.
Padrendo, A Chan do Ventoselo, Torneiros y Padrendo.
 

Sendeiro O Río dos Dous Nomes.

Sendeiro de pequeno percorrido no Concello de Coirós. A ruta comeza na área recreativa de Ponte Xora. O camiño segue paralelo ao río, pasardo por varios muíños en ruínas. Destacan as maquías de Xora, muíño de tres pedras. Pásase baixo a autovía A6. Ata aquí acompaña o bosque de ribeira mais ao desviarse aparece un eucaliptal para chegar ao Mirador do río. Baixase de novo as orillas do río. Complétase a ruta co machuco de Ois, fabrica de luz, a súa presa...
A Ponte Xora, fábrica (minicentral) y A Ponte Xora.
 

Sendeiro de San Xoán da Cova.

É unha ruta que discorre polo marxe dereito do río Ulla, en sentido descendente, aproveitando camiños de paso, sendas de pescadores e sendeiros xa marcados. Durante este treito pode observarse a Ponte Ulla, o Pazo de Ortigueira en Santa Cruz e o pazo da parroquia de San Miguel de Sarandón. A ruta remata a orillas do río Ulla.
San Xoán da Cova, A Ponte Ulla, área recreativa de Agronovo, Ximonde y área recreativa de Cubelas.
 

Camiño Real de San Pedro de Rocas.

A ruta discorre por unha verea que conserva os seus muros laterais e o empedrado. Este "Camiño Real" constituía un eixe estratéxico como vía de comunicación cara ás terras de Aguiar e Ourense. Hai que destacar o peto de ánimas de Meiroá, pero sobre todo o mosteiro de San Pedro de Rocas, monumento histórico-artístico fundado no ano 573.
Esgos, Meiroá, San Pedro de Rocas, Quinta do Monte y Esgos.
 

Distribuir contenido