Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Naturaleza

Rota da Fraga da Becerreira.

O primeiro tramo do percorrido é común nos PR-G 81 e 82. Comeza no aparcadoiro da encrucillada entre as estradas nova e vella de Trabada ás Rodrigas. Neste punto existe un panel con plano das dúas rutas. Na entrada da fraga encóntrase un refuxio con elementos explicativos da flora circundante.

Rota do Monte Roxal-Teixido.

O primeiro tramo do percorrido é común nos PR-G 81 e 82. Comeza no aparcadoiro da encrucillada entre as estradas nova e vella de Trabada ás Rodrigas. Neste punto existe un panel con plano das dúas rutas.Na entrada da fraga encóntrase un refuxio con elementos explicativos da flora circundante.

Rota de subida ao Picato.

No inicio a ruta apenas ofrece dificultade, pero a medida que se interna no bosque de piñeiros vólvese máis empinada, ata chegar ao Alto do Picato (743 m) desde onde se pode gozar dunha fermosa vista. A senda zigzaguea e descende para abandonar o bosque e gozar das paisaxes de Santiago de Vilapena e a súa fraga. O regreso faise por un trazado practicamente chan ata alcanzar punto de partida.
( Riotorto e Vilapena) Área recreativa del Alto do Couso, Alto do Picato, Monte da Cerdeira y área recreativa del Alto do Couso.
 

Sendeiro de "Os Carranos".

No traxecto, os bosques da ribeira do nacemento do río Tea amosan a súa riqueza natural, e a estilizada Ponte Romana de Fofe, probablemente de época medieval, permite gozar dende o alto das magníficas vistas das piscinas naturais do río.
Rectoral de Fofe, Puente romana de Fofe, aserradero de Os Carranos, Trasfontán, playa fluvial de Maceira.
 

Rota Canón do Sil - Santa Cristina.

Esta rota transcorre por camiños e sendeiros, por paisaxes pretas dos pobos do entorno da capitalidade do concello de Parada de Sil, destacando os soutos de castiñeiros, as carballeiras, as viñas, os lameiros, os terreos de cultivo e hortas, os outeiros de uces e xestas, diversidade de árbores como os bidueiros, moroteiras (albedros), carballos.
Parada de Sil, Sardela, Entrambos-ríos, San Vitoiro, Fondo de Vila, O Fental, As Fontiñas, Portela, A Galiña, camino al Monasterio de Santa Cristina (señalado fuera de la ruta), Castro, Chamoso, Parada de Sil.
 

Reserva da Biosfera "Xurés-Geres".

 É esta unha das reservas transfronteirizas meirandes da Unión Europea. Destaca, segundo o seu recente recoñecemento como Reserva da Biosfera pola UNESCO “pola variedade dos seus ecosistemas de bosque e turbeira, así como polo considerable número de especies endémicas baixo a influencia conxunta do clima oceánico e mediterráneo”.
 En Galicia: Lobios, Entrimo, Muíños, Lobeira, Calvos de Randín e Bande. En Portugal: Melgaço, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Terra de Bouro e Montalegre.
 

Reserva da Biosfera Os Ancares de Lugo.

Sorprenden os Ancares non por grandes alturas, senón polos fortes desniveis. Desde o encaixamento dos vales afundidos por baixo dos 300 metros ata os picos de case os 2.000 en poucos quilómetros. Os ríos da vertente galega son Navia, Rao e Ser; os altos, entre outros, Mustallar e os Tres Bispos.
Cervantes, Navia de Suarna e parte do municipio de Becerreá.
 

Plantas curativas ao pé do Camiño de Santiago.

A empresa xurde da iniciativa de tres titulados en paro que retornan ao rural coa idea de crear unha empresa adicada á produción de plantas mediciñais e produtos derivados. Comezaron preparando saquiños de infusións e despois pasáronse tamén aos produtos de cosmética e saúde para a pel. Os peregrinos do Camiño Francés son unha gran fonte de ingresos pois poden dende mercar produtos moi específicos para eles coma para convatir as chagas nos pés ata tomarse un zume de limón, menta e milfollas no bar-cafetería.

Currais de 7000 galiñas.

Esta empresa familiar está dirixida pola neta do propietario orixinario das terras e o pazo onde se ubica. A empresaria é unha licenciada en Ciencias Económicas moi formada neste campo que ao nun principio se supo rodear de xente coñecedora e con experiencia para levar a cabo o seu proxecto. A empresa conta con 5 granxas con 35.000 galiñas en semiliberdade producindo 30.000 ovos campeiros ao día.

Hai que tirala dende ben arriba.

Ante a observación por parte do dono da sidrería de que gran contía das mazás da zona eran levadas para producir sidra en terras veciñas, éste decidiu explotar ese recurso tan propio da zona creando unha sidrería. Multitude de agricultores de Chantada e pobos cercanos se achegan e levan directamente dende a árbore as mazás. Este é o gran segredo da calidade  pero reporta beneficios coma a inexistencia de intermediarios co cal o prezo percibido é maior.

Distribuir contenido