Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Sociedad

A tomar un viño no museo.

A iniciativa comezou tras a creación dun mesón tradicional para o cal o seu dono, seguindo a súa inquedanza persoal comezou a coleccionar todo tipo de elementos: embudes, mazas do viño, candís, fitoiras, tecedeiras, … A intención da iniciativa é manter a memoria tan rica e diversa do rural.
Pobra de Trives.
 

Unhas pechan e outras abren.

Tralo peche da fábrica na que traballaba o protagonista deste proxecto, animado pola demanda dos clientes emprendeu o camiño de abrila e comezar a fabricar portas de novo. Traballa sobre pedido de todo tipo de deseños e madeiras. Desta fábrica saen anualmente trinta mil unidades.
Oroso.
 

Cerámica con moita "química".

Empresa dedicada á fabricación e venda de cerámica artística con tres liñas de traballo. Unha marca de cerámica propia de calidade, buscando deseños orixinais e pezas exclusivas; a realización de murais cerámicos artesanais; e regalos de empresa. Exeliron trasladar a súa ubicación a Vilachán dende Vigo porque o seu proxecto de futuro é engadir visitas turísticas á empresa.
Tomiño.
 

Espazo para nenos.

Centro de atención á infancia de 0 a 8 anos constituído por unha cooperativa de tres socias. É un espazo no cal se educa ao neno a través do xogo e realización doutras actividades incluíndo ás familias nelas porque buscan a implicación directa dos pais, aos cales ademais ofrecen un programa mensual de charlas.
Tui.
 

Esixencia … e vondade.

Taller  de artesanía cerámica que comezou coma unha afecCión e rematou coma o seu medio de vida. Traballan con gres elaborando elementos de simboloxía celta e outras pezas. Os seus donos  teñen un gran empeño no desenvolvemento do rural, a conservación de pautas tradicionais, a loita polo medio ambiente e o mantemento do acervo cultural entre outros moitos.
A Guarda.
 

Matemáticas de madeira.

O protagonista do proxecto trasladouse ao rural a vivir o traballo nun ambiente agradable. Utiliza para a elaboración dos seus traballos técnicas e materiais de arquitectura biolóxica. O froito son xogos artesanais  totalmente respetuosos co medio ambiente. O proxecto de futuro é crear maletas de xogos que conteñan un compendio de xogos pensados para o aprendizaxe das matemáticas.
O Rosal.
 

Relevo firme coma o aceiro.

Empresa familiar asentada en Pereiro de Aguiar, pola comodidade do rural. Dedícase á siderometalurxia na cal se fabrican con aceiro, zinc, cobre e outros metais diversos, elementos coma condutos de extracción , chemineas, alexas…
Pereiro de Aguiar.
 

Mantendo a vela acesa.

Casa de turismo rural e cerería nun antigo complexo rehabilitado no que aínda se conserva un antigo lagar de cera. Dito complexo está situado no concello de Forcarei.
Forcarei.
 

Innovar, unha clave transparente.

Empresa de traballo de vidro cunha forte aposta pola incorporación de tecnoloxía ao proceso produtivo.
 A Estrada.
 

Algo máis que flor.

Empresa dedicada á comercialización de flor e planta ornamental con asesoramento integral ao produtor e ó cliente.
Tomiño.
 

Distribuir contenido