Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Este documento pretende servir de ferramenta para os responsables municipais co obxectivo de melloraren os seus sistemas de recollida selectiva de papel e cartón. Comeza tratando a situación actual da recollida selectiva de papel e cartón no contedor azul determinándoa dende o punto de vista de aspectos cuantitativos e cualitativos. A continuación trata as melloras a adoptar no sistema do contedor azul (aumento do nº de contedores, ubicación, mantemento destes, campañas de concienciación...) e a necesidade de recollidas complementarias ao contedor azul.

Este é un programa promovido pola organización empresarial española que agrupa ás principais empresas do sector da celulosa e papel desenrolado dentro do marco do Proxecto "Tu papel es importante". Éste é un programa deseñado para axudar aos concellor a mellorar a recuperación de papel e cartón, co obxectivo final de contribuir ao desenrolo sostible e á calidade de vida dos cidadáns, en liña coas directrices da Axenda 21.
Organismo promotor:ASPAPEL

Este informe determina a metodoloxía da experiencia de recollida de papel dos fogares do concello de Tres Cantos (Madrid)
Organismo promotor:ASPAPEL

 

Kiotín é unha publicación levada a cabo polo centro para a política ambiental TERRA. Trátase dun conto infantil na que diversos persoaxes viaxan ao pasado e descobren as principais preocupacións ambientais da actualidade, dende ahí avanzarán ao presente e finalmente proxectan o futuro dende unha actitude responsable. Kiotín, é un dos duendes que va a transformar a realidade en conto. El viaxará polo tempo da man dos seus parentes e amigos desvelando as causas e consecuecias do cambio climático.
Organismo promotor:TERRA

 

Organismo promotor:IDEA. Ministerio de Industria, Turismo y Comercio.

 

Este documento trata o tema do Cambio Climático. Comeza explicando o que son os GEI e as súas consecuencias para o planeta. A continuación trata o Protocolo de Kioto, o seu obxectivo, os gases aos cales se aplica e as medidas a tomar polos países que ratificaron dito protocolo e detense a explicar un dos obxectivos do protocolo que é o inventariado das emisións. Por último menciona a situación de Galicia en canto a emisións deste tipo de gases e as medidas tomadas pola Administración galega para a mellora neste tema.

Esta presentación plantexa o reto de abordar o problema do Cambio Climático á vez que presenta as oportunidades de reflexionar sobre as interacións co planeta,integrar saberes e coñecementos, crear políticas novas e actualizadas, introducir novas tecnoloxías  e aplicar métodos e ferramentas de avaliación. Plantexa un borrador de estexia galega contra o cambio climático.
Organismo promotor:Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente.

 

Comeza cunha introdución sobre o que é o cambio climático inducido pola acción humana mediante a emisión de GEI,continúa coa resposta institucional por parte dos distintos ámbitos (internacional, europea, nacional e galega). Seguidamente plasma a necesidade de levar a cabo unha estratexia para facer fronte ao Cambio Climático e expón como desenvolver dita estratexia ,mediante actuacións para dar a coñecer o coñecemento do clima e do Cambio Climático, políticas de redución de emisións, de promoción de sumidoiros e medidas de minimización dos efectos producidos polo Cambio Climático.

Este documento establece a estrutura organizativa e os procedementos para a prevención , detección, extinción e investigación de incendios forestais segundo as épocas de perigo. Establece as épocas de perigo, relacionadas co risco de incendios forestais, en función das previsións xerais e dos diferentes parámetros locais que definen o risco. Pretende reducir ao máximo posible as consecuencias ecolóxicas, económicas e sociais producidas polos incendios forestais. Establecer os obxectivos e as actuacións e desenvolver no ano 2010 para facer fronte aos incendios forestais.

Documento no cal a Dirección Xeral de Montes explica as actuacións relativas a Silvicultura levadas a cabo.
Organismo promotor:Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.