Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Estrutura demográfica

Descrición breve
Composición da poboación dunha rexión agrupada por clases de idade:
poboación nova (0 a 14 anos);
poboación en idade activa (15 a 64 anos) e
poboación maior (> 64 anos).

Fórmula de cálculo
(ai/b)*100

Variables
ai - número de persoas por cada clase de idade:
1:    Poboación nova - 0 a 14 anos
2:    Poboación en idade activa - 15 a 64 anos
3:    Poboación maior -> 64 anos
b - Poboación total (hab.)

Unidades
Porcentaxe (%) de poboación por cada clase de idade

Fontes
INE Portugal; INE España; IGE Galicia; Eurostat

Análise breve
51 Gráfico 3 -Variación da estrutura demográfica observada no período de 1999 a 2010.

Na eurorrexión e en Portugal existe un decrecemento da orde do 2% e 1,6% respectivamente da poboación nova durante o período de 1999 a 2010, mentres en España esta clase practicamente non sufriu alteracións. Para o período de 1999 a 2010 a Unión Europea ten un decrecemento do 1,9% da poboación nova (Gráfico 3).
Para a clase 15-64 anos, entre 1999 e 2010, a eurorrexión e Portugal perden respectivamente o 0,6% e 1,2% da poboación, ao contrario de España que non sofre alteracións. A poboación en idade activa da Unión Europea, para o período de 1999 a 2010, diminúe cerca do 0,1% (Gráfico 3).
A clase >64 anos no período de 1999 a 2010 en España ten un lixeiro aumento da orde do 0,1%, mentres que a eurorrexión e Portugal teñen un incremento do 2,8%. Na Unión Europea para o período de 1999 a 2010, esta clase de idade sofre un aumento de cerca do 2% (Gráfico 3). Da análise dos resultados obtidos constátase que a eurorrexión é un territorio onde se está a verificar unha diminución da poboación nova e un aumento proporcional da poboación envellecida.

Valoración: 

negativo

negativo