Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

ENVOLVENTE SOCIAL: Educación

Os indicadores de sustentabilidade do grupo Educación atópanse dentro do eixo temático da Envolvente Social.

Indicadores: 

Porcentaxe de estudantes que cursan niveis de ensino secundario ou post-secundario non superior

Descrición breve
Porcentaxe de estudantes que cursan niveis de ensino secundario ou post-secundario non superior con relación á poboación con idade comprendida entre 15 e 24 anos.
Os datos abranguen estudantes que asisten a centros de ensino público e privado, clasificados de acordo cos niveis e áreas de educación e formación da International Standard Classification of Education (ISCED). Inclúe estudantes a tempo completo e parcial integrados en réximes de educación xeral ou profesional (inclusive os alumnos que cursan programas de prácticas profesionais).

Valoración: 

neutro

neutro

Porcentaxe de estudantes que cursan niveis de ensino superior

Descrición breve
Porcentaxe de estudantes que cursan niveis de ensino superior con relación á poboación con idade comprendida entre 20 e 24 anos.
Os datos abranguen estudantes, a tempo completo ou parcial, que asisten a centros de ensino superior público ou privado, clasificados de acordo cos criterios da International Standard Classification of Education (ISCED).

Fórmula de cálculo
(a/b)*100

Variables
a - número de estudantes que cursan o ensino superior

Valoración: 

neutro

neutro