Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Agrupación Micolóxica de Vilagarcía de Arousa: " A Cantarela"

Esta agrupación realiza, ano tras ano, "Semanas Micolóxicas", saídas ao campo, excursións colectivas, charlas en colexios públicos e concertados da nosa comunidade e fóra dela, así coma ás agrupacións de mulleres rurais, teleclubes e sociedades culturais. Celébranse tamén comidas micolóxicas e concursos de cociña. Desde o ano 1.991, institucionalizaron a "Degustación Popular de Cogomelos ", que logo pasaría a denominarse "Festa dos Cogomelos" ), que consiste en ofrecer ao público asistente cogomelos preparados de forma variada, acompañadas de viño albariño, todo por un módico prezo. Celebran ademais, no mesmo día, o Concurso de Cociña e a Exposición de Cestas de Outono. No período de inactividade entre outono e outono, realizan as chamadas "Saídas de Primavera", nas que visitan distintos espazos naturais de Galicia.