Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Lagoa e areal de Valdoviño- Humedal ((RAMSAR)

Humedal litoral conformado pola propia lagoa de Valdoviño ou A Frouxeira (75 ha), o  sistema dunar e a praia de A Frouxeira (3 km de longitud), que conforman un típico conxunto de praia/barrera/lagoa que se completa coas augas mariñas os acantilados, cuxa rasa de punta Frouxeira está parcialmente cubierta por formacións dunares remontantes, próximos á praia. Parte da superficie da lagoa está orlada por bosquetes riparios e cuberta por un denso marxal de Phragmites australis  e xunqueiras salobres de Juncus maritimus, Agrostis stolonifera e Scirpus spp. Parte dos fondos da cubeta e os canaies do xuncal están tapizados por pradeiras sumerxidas de Ruppia maritima, Potamogeton pectinatus e diversas cladoforáceas e ulváceas. Ao noroeste do vaso lagunar localízanse pradeiras-xuncaies (dominadas por  Schoenus nigricans) e charcas (algunha produto das extracciónss de area levadas a cabo na década dos anos 70) densamente colonizadas por  Cladium mariscus e  Typha angustifolia, así coma un importante sistema 3  dunar que presenta boas extensións de  Crucianellion maritimae. Nas inmediaciónss de punta Frouxeira atópanse brezais secos atlánticos de Erica vagans e Ulex maritimus.