Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo depende da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é respostar ás necesidades formativas das/dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada con actividades agrogandeiras, forestais e dinamización do medio rural. A formación que se imparte no CFEA de Guísamo axústase ás características da súa zona de influencia e basease nos principios de solidariedade, respecto e sostibilidade humana e ambiental, potenciando deste xeito o aproveitamento dos recursos do lugar.