Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estudos e Publicacións

Este servizo avalía as necesidades e inquedanzas do sector para promover a investigación nas materias que o mesmo demande, asumindo as funcións de asesoramento ao sector agrario e forestal nas cuestións de innovación e uso das novas tecnoloxías e difunde entre a sociedade o resultado dos coñecementos obtidos nos centros de investigación, estacións e laboratorios a través de actividades de formación como cursos, xornadas e outras actividades formativa; actividades de información e de documentación, con elaboración de documentos, tanto informes técnicos como publicacións; xeración e xestión de bases de datos documentais; participación activa en redes de información estatais e internacionais; aproveitamento da acción exterior para difundir, mediante actividades formativas e outras actuacións, a tecnoloxía propia.