Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

TECNOPEIXE. Plataforma Tecnolóxica

Tecnopeixe consiste na integración efectiva dos esforzos en investigación entre todos os axentes implicados no sector da pesca en Galicia, aplicándose a incrementar o coñecemento para mellorar o desenvolvemento do mesmo, garantindo a competitividade do sector e a sustentabilidade dos recursos; un alto estándar de calidade dos produtos e a mellora das condicións de todos os implicados na actividade contribuíndo deste xeito a consolidar e reforzar a súa posición de liderazgo tanto a nivel estatal coma europeo. O que persegue esta plataforma é fomentar o impulso de infraestruturas científico-tecnolóxicas,  promover proxectos en colaboración, unificar posicións no seo de foros nacionais, europeos ou internacionais,  propoñer estratexias a curto, medio e longo prazo,  realizar propostas dos futuros programas galegos, estatais e europeos de investigación e desenvolvemento no tocante á pesca e marisqueo.