Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Actuación global de infraestruturas na Ribeira Sacra lucense

Este proxecto intégrase dentro das prioridades da Consellería do Medio Rural de impulsar a zona sur da provincia de Lugo. As posibilidades produtivas, climáticas, edafolóxicas, mesmo paisaxísticas, turísticas e de ocio, fan desta comarca unha das prioridades para poñela en valor. Os obxectivos a acadar son, mellora das infraestruturas que permita a mecanización da produción, apoio ao sector vitivinícola consolidado e con proxección de futuro, dignificación das condicións de traballo e calidade de vida dos agricultores nunha zona de elevadas dificultades de produción, favorecer a consolidación das explotacións existentes e o relevo xeracional no sector.