Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Organización Maribolheras precárias

O grupo Maribolheras precárias, abreviado ás veces coma MBP, é un grupo activista "queer" coruñés. Os seus compoñentes pretenden un xeito de entender a militancia dentro dos movementos antiglobalización, alternativos e de esquerda que defende que a reivindicación non impide o divertimento. Ademais de celebrar actos antimilitaristas e de liberación homosexual, organizan tamén os chamados maripicnics e Maribingos. Este colectivo forma unha rede intermitente nas súas actividades, activa e múltipla. No grupo coinciden performers, escultoras, dilleis, oleiras, fotógrafas, deseñadoras e activistas que denuncian a homofobia, o monopolio do heterosexismo e a precariedade de maneira directa, festiva e radical, buscando un estilo de vida alternativo e espazos propios para o seu desenvolvemento.