Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Illas Sisargas (ZEPA)

As illas Sisargas son un pequeno arquipélago que se atopa fronte a Malpica de Bergantiños, na Costa da Morte. O arquipélago está formado por tres illas, chamadas Sisarga Grande, Malante e Sisarga Chica, e unha serie de illotes circundantes como Chalreu e Xoceiro. As illas son na súa maioría de natureza escarpada, o que propicia que na Sisarga Grande haxa numerosos acantilados. Porén, nesta mesma illa podemos atopar un embarcadeiro e unha pequena praia no sur. A riqueza ornitolóxica das illas queda patente nas numerosas colonias de aves endémicas destes paraxes ou que están en perigo de extinción coma a gaivota sombría ou a gaivota tridáctila.