Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia: Programa de conservación e recuperación de razas bovinas.

 

 Realízase nas instalacións do centro e nas explotacións que posúen estas razas, desenvolvése mediante dous proxectos . O programa de rabaños fundacionais, deseñado para o mantemento da variabilidade xenética e o banco de xermoplasma (seme e embrións). Á parte de conservar animais vivos, é necesaria a formación dun banco xenético de doses de seme e embrións que asegure a supervivencia das razas.  Recóllense mostras de seme dos exemplares do primeiro programa que pasan a formar parte do banco do centro onde tamén recollen embrións das femias liberadas dos rabaños fundacionais. As explotacións benefícianse do subprograma de cesión de exemplares. A Consellería do Medio Rural  entrega mediante convenio de colaboración cos gandeiros cesionarios, dun número variábel de animais excedentes do programa de rabaños fundacionais.