Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Xestión de residuos urbanos nos municipios do Eixo Atlántico

imagen: 
Data de publicación: 
Thu, 2011-06-02 (All day)
Autores - Colaboradores: 

EDITORES

Manuel Borobio Sanchiz
Xoán F. Vázquez Mao
 
DIRETOR SEPU
Enrique José Varela Álvarez
 
AUTORES
Isabel Maria Marta Bentes
Francisco Pan-Montojo González
Carlos Afonso Teixeira

Xestión de residuos urbanos nos municipios do Eixo Atlántico, a primeira publicación da colección Estudos de desenvolvemento sustentable da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico, presenta a situación da xestión dos residuos sólidos urbanos na Eurorrexión así como unha breve prospectiva e unha serie de recomendacións sobre esta xestión.

Inicialmente analízanse as condicións da contorna onde se realiza a xestión de residuos urbanos na Eurorrexión a través da síntese da xeografía física humana e económica de Galicia e Portugal. Nos sucesivos apartados exponse o funcionamento desta xestión, resumindo as competencias e responsabilidades que teñen respecto diso as distintas entidades e como se aplicou no día a día esa capacidade de actuación, explicando o modelo de xestión de residuos urbanos portugués e galego e identificando, de forma breve, as principais operacións na xestión de residuos urbanos. Para a elaboración deste estudo dedícase unha especial atención aos municipios do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
 
Nos sucesivos capítulos, despois de abordar os custos de xestión dos residuos e os modelos de financiamento do sector, analízase o futuro do obxecto de estudo e tras a exposición das conclusións, preséntanse unha serie de recomendacións de actuación co fin de colaborar na posible mellora da xestión.