Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Área Recreativa de O Caneiro

"Tranquila área recreativa situada nas ribeiras do río Eume, nunha zona típica de vexetación autóctona caducifolia de ribeira (carballos, bidueiros e ameneiros fundamentalmente), dunha extensión de 1ha. Alberga unha rica fauna natural, e é unha zona acoutada de caza e pesca. Goza de bo equipamento para comer, así como de elementos que decoran a paraxe, como un hórreo, unha cruz e unha ponte medieval reconstruída (probablemente do s. XIII), traído do seu antigo lugar orixinario (Illade), con motivo da explotación dunha mina de lignito. Grande concorrencia de xente durante o verán.
"