Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Área Recreativa de O Vilar

"Esta área recreativa atopa inmersa dentro do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán e situada escasa distancia do aparcamento do Vilar, na parte este do Parque. Polo tanto é unha área que está rodeada dunha bela paisaxe (descrito na ficha do Parque Natural), o que nos obriga a ser moi coidadosos con este. Ademais de ter moi próximo un Restaurante-Cafetaría, este espazo de recreo conta coa infraestrutura apropiada para o descanso e a comida dos visitantes. É unha zona acoutada por unhas valla de madeira, que tan só se debe empregar para as comidas, merendas, etc., respectando, deste modo, a tranquilidade e integridade necesarias do Parque. Dende este recurso podemos acceder por medio dun paseo a piei a zonas do parque moi interesantes, entre as que podemos destacar a propia praia de O Vilar, as Dunas de Corrubedo, as lagoas de Carregal e Vixán, o CIELGA (Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia etc), sen esquecer de poder gozar de especies vexetais típicas deste tipo de ámbitos como a Salicornia, a Azucena de mar, piñeirais de Piñeiro Marítimo (propio do país) e radiata (orixinario de Norteamérica), toxos, breixos e xestas así como carballos, ameneiros e salgueiros entre outros, ou variedades de vexetación acuática como os Ranúnculos, o mofo común etc; ou exemplos de fauna como a Ra de Santo Antonio la tarabilla común Antonio, a tarabilla común, a agulla, o volve pedras etc.
"