Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Adición de biocombustibles ao consumo de combustibles

Descrición breve
O consumo de biocombustibles como porcentaxe sobre o consumo de combustibles nos transportes fai referencia aos obxectivos da Directiva 2003/30/CE, relativa á participación dos biocombustibles no consumo total. O valor de referencia calculado con base no contido enerxético é do 5,75% de toda a gasolina e gasóleo utilizados para efectos de transporte colocados no mercado, até 31 de decembro de 2010.
O consumo de biocombustibles no transporte é unha alternativa para a redución do consumo enerxético do sector e das súas emisións de GEI.

Fórmula de cálculo
(a/b)*100

Variables
a –toneladas de petróleo equivalente de biocombustible
b–toneladas de petróleo equivalente de gasóleos e gasolinas utilizados no transporte

Unidades
Porcentaxe (%)

Fontes
INEGA; Eurostat; IDAE/Mytic; DGEG; European Biodiesel Board; Eurobserv’ER

Análise breve

102 Gráfico 27 — Porcentaxe de consumo de biocombustibles relativo ao total de combustibles (Anexo VI).

O consumo de enerxía asociado ao transporte así como as emisións asociadas ao mesmo son o sector que máis creceu na eurorrexión os últimos anos. Aínda que no ano 2008 se verificase un retroceso no consumo de biocombustibles sobre o total de gasolina e gasóleo consumidos nos transportes, no ano 2009 atinxiuse o 3,28%. (Gráfico 27), que sitúa á eurorrexión ao nivel da media da UE-27 (3,29%). Con todo, este valor está moi por debaixo do obxectivo do 5,75% marcado pola Directiva 2003/30/CE.
Na eurorrexión os derivados do petróleo representan o 97% dos consumos de enerxía para o transporte, aínda que os biocombustibles, a pesar do aumento do consumo dos últimos anos, representen só o 3,3% do total da enerxía consumida no sector dos transportes. O consumo de biocombustibles aumentou de forma constante desde 2002, até alcanzar valores de 134,76 ktep de biocombustibles (consumido exclusivamente no ámbito por estrada) fronte a un total de 4.111 ktep de combustibles totais consumidos no sector dos transportes.

103 Figura 11 – Comparación a nivel europeo do consumo de biocombustibles en relación ao total de combustibles para o ano 2008.

No ano 2008 os países da UE-27 estaban todos lonxe de atinxir o obxectivo do 5,75% (a 31 de decembro de 2010) fixado pola Directiva 2003/30/CE, a excepción da Francia, Suecia, Alemaña e Austria cuxas porcentaxes de biocombustible sobre o consumo final total de gasolina e gasóleo para transporte superou o 5% ese ano (Figura 11).
 

Valoración: 

neutro

neutro