Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Densidade de vías férreas

Descrición breve
Este indicador mide o grao de accesibilidade que unha persoa pode ter a un determinado servizo ou equipamento a través da rede ferroviaria.
A utilización do transporte ferroviario como medio alternativo á utilización do automóbil leva a unha maior eficiencia enerxética e á redución de emisións de GEI.

Fórmula de cálculo
Densidade de vías férreas por superficie: (a* 1000)/b
Densidade de vías férreas por habitante: (a* 100.000)/c

Variables
a - extensión de vías férreas (km)
b - superficie do territorio (km2)
c - número total de habitantes

Unidades
km/1000km2
km/10.000hab

Fontes
Eurostat ; INE Portugal; INE España; IGP; IGN España; SIGNA

Análise breve

108 Gráfico 30- Densidade de vías férreas por superficie e por habitante en 2009.

En 2009 o número de km de rede ferroviaria por cada 100.000 habitantes na eurorrexión (25 km) era similar ao de Portugal (27 km) e de España (27 km), contrastando coa media da UE-27 (81 km) que rexistra un valor tres veces superior ao da eurorrexión (Gráfico 30).

A densidade de quilómetros de rede ferroviaria por cada 1000km2 na eurorrexión era de 33 km, en Portugal de 31 km, en España de 25 km e a media da UE-27 de 79 km (Figura 14).

109
Figura 14 — Rede ferroviaria da eurorrexión en 2009.

Valoración: 

negativo

negativo