Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

TRANSPORTES: Mobilidade

Os indicadores de sustentabilidade do grupo Mobilidade están dentro do eixo temático Transportes.

Indicadores: 

Densidade de autoestradas

Descrición breve
Este indicador mide o grao de accesibilidade que unha persoa pode ter a un determinado servizo ou equipamento a través da rede viaria, neste caso por autoestrada.

Fórmula de cálculo
Densidade de autoestradas por cada 1000 km2 de superficie: (a*1000)/b
Densidade de autoestradas por cada 100.000 habitantes: (a*100.000)/c

Variables
a - extensión de autoestradas (km)
b- superficie total do territorio (km2 )
c - número total de habitantes (hab)

Unidades

Valoración: 

neutro

neutro

Densidade de vías férreas

Descrición breve
Este indicador mide o grao de accesibilidade que unha persoa pode ter a un determinado servizo ou equipamento a través da rede ferroviaria.
A utilización do transporte ferroviario como medio alternativo á utilización do automóbil leva a unha maior eficiencia enerxética e á redución de emisións de GEI.

Fórmula de cálculo
Densidade de vías férreas por superficie: (a* 1000)/b
Densidade de vías férreas por habitante: (a* 100.000)/c

Variables
a - extensión de vías férreas (km)

Valoración: 

negativo

negativo

Taxa de motorización

Descrición breve
Relación entre o número de vehículos e a poboación total. Está directamente relacionada co consumo de combustibles e emisións asociadas, así como coa dependencia do vehículo privado.

Fórmula de cálculo
(a*1000)/b

Variables
a -número total de vehículos lixeiros
b - poboación total

Unidades
Vehículos/1000 hab.

Fontes
INE Portugal; IGE; Anuario estatístico de La Caixa; Eurostat; ISP— Instituto de Seguros de Portugal

Valoración: 

negativo

negativo