Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Densidade de poboación urbana

Descrición breve
Relación entre o número de habitantes que viven en municipios con máis de 10.000 habitantes e a superficie total do territorio. O indicador avalía a presión que a poboación urbana exerce sobre o territorio total da rexión.
A presión exercida polas cidades no seu conxunto está relacionada coa presión demográfica que influencia directamente outras variables como o consumo de auga, a produción de residuos, o consumo do solo e a dispoñibilidade de infraestruturas. A presión demográfica do territorio considerado como “urbano” (convencionalmente con máis de 10.000 habitantes) ten unha relevancia básica para a análise e seguimento dos factores ambientais vinculados ao desenvolvemento urbanístico e á ordenación do territorio.

Fórmula de cálculo
a/b

Variables
a - total de poboación en municipios con máis de 10.000 habitantes (hab.)
b- superficie total do territorio (eurorrexión, NUTII) (km2)

Unidades
hab*km-2

Fontes
INE España; INE Portugal

Análise breve
123
Gráfico 36 - Densidade de poboación urbana en 2010 (hab/km2) e variación con relación a 2001 (%).

En 2010 o valor da densidade de poboación urbana na eurorrexión e en Portugal era de 108 hab/km2, mentres España presentaba un valor de 73 hab/km2 (Gráfico 36).
Con relación a 2001 na eurorrexión e en Portugal o crecemento foi do 3%, mentres en España foi do 18%.


122 Figura 17 - Densidade da poboación urbana en 2010 (hab/km2) na eurorrexión e por NUTSIII en Portugal.

En Portugal a densidade de poboación urbana presenta situacións extremas en Lisboa (959 hab/km2) debido a súa escasa superficie e elevada concentración de poboación, situándose no outro extremo o Alentejo (18 hab/km2) (Figura 17). En España a densidade de poboación urbana presenta valores máis elevados en Ceuta e Melilla (3.263hab/km2) e en Madrid (757 hab/km2), mentres que Estremadura (13 hab/km2) e Castela-A Mancha (15 hab/km2) presentan os valores máis baixos.
 

Valoración: 

neutro

neutro