Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Fungos

Unha paixón herdada

Autores - Colaboradores: 

Marta Lemos Jorge
 

Este libro é un compendio e unha escolma dunha obra que está contida en varios libros publicados, pero sobre todo dispersa nunha chea de artigos en diversos diarios, dos que hai aquí citas. O libro contén varias lecturas da obra de Castroviejo,  crónicas sobre algúns dos grandes espazos naturais e as paisaxes galegas, como os Ancares, as Cíes, as nosas noutrora abondosas e variadas brañas ou o camiño do Miño na busca do mar.

Manual e Guía práctica de Micoloxía no Val de Barcala

Autores - Colaboradores: 

Amador Rodríguez Troncoso. Jesús Manuel Rodríguez Casabiell.
 

Esta publicación describe, de maneira práctica, 72 especies de cogomelos; das que 34 son comestibles, 14 sen interese culinario, 13 velenosas, 9 non comestibles e 2 mortais. O apoio fotográfico de cada unha destas especies e dos seus respectivos hábitats pon ao alcance dos afeccionados unha doada identificación. O libro serve coma guía de campo para buscadores de cogomelos, e tamén pode ser un bo apoio instrumental para impartir cursos de iniciación e perfeccionamento da micoloxía.

Guía do Parque Natural Monte Aloia

Autores - Colaboradores: 

María Ángeles Fernández Giráldez. Manuel Domínguez Rey
 

Esta guía determina a situación do parque. Relata cómo o Monte Aloia chegou a ser Parque Natural, a xestión levada a cabo no parque e describe o seu medio físico. Adícalle un apartado especial aos fungos , liques e brións que alí se poden atopar e outro máis xeral á vexetación e flora así coma a fauna alí existente. Monte Aloia e o home 9.- Actividades educativas e de lecer  13.- Mapa do Parque Natural
Organismo promotor: D. X. Conservación da Natureza


 

Distribuir contido