Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Agricultura.

Banco de Terras de Galicia

Supón a mobilización de terras agrarias mediante aluguer, é un banco público onde calquera persoa pode inscribir de xeito voluntario as súas fincas para permitir que sexan arrendadas por períodos máximos de 5 anos. É un intento por parte da Xunta de Galicia de crear riqueza e emprego mediante o arrendamento de fincas agrarias abandoadas ou improdutivas.
 

Estación experimental agrícola de Baixo Miño en Salceda de Caselas

Esta estación atende as demandas de particulares e profesionais no relativo ás actividades hortícolas, florícolas, frutícolas e vitícolas. Orienta o produtor nos sistemas de explotación, nas técnicas de cultivo máis axeitadas e no comportamento varietal mediante ensaios; mellora, selecciona e caracteriza as variedades autóctonas hortícolas; e capacita os produtores nas técnicas de cultivo e explotación mediante cursos, demostracións e visitas.
 

Distribuir contido