Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Cooperación

Médicos do Mundo Galicia

Médicos do Mundo é unha asociación independente que traballa para facer  efectivo o dereito á saúde para todas as persoas, especialmente para aquelas que viven en situación de pobreza, inequidade de xénero e exclusión social ou vítimas de crises humanas. Esta asociación actúa no ámbito da saúde, atiende a toda persona que ve vulnerados seus dereitos humanos, realiza accións de sensibilización como medio para o cambio social e denuncia as causas que ocasionan as inxustizas.
 

Asociación de Solidaridade Salvador Allende (ASSA)

Asociación que leva a cabo tarefas de coperación internacional e desenvolvemento dos paises menos favorecidos
 

Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade

Asociación sen ánimo de lucro cuxo obxecto fundamental consiste en configurar un instrumento legal que permita a confluencia e a asociación das vontades libremente expresadas polos seus asociados para desenvolver unha eficaz política de cooperación e de solidariedade dos/as cidadáns dos concellos e provincias de Galicia cos pobos subdesenvolvidos.
 

Cooperación Galega

Cooperación Galega é a ferramenta a través da cal Galicia canaliza as súas accións en pro do desenvolvemento. Deste xeito, mediante a cooperación para o desenvolvemento a sociedade galega pon a dispoción dos pobos máis pobres do planeta a súa experiencia histórica, os seus valores, activos e recursos; sumándose aos procesos existentes para combater a pobreza e as súas causas, promovendo activamente o dereito ao desenvolvemento integral, humano e sostible.
 

Amarante

É unha organización galega de cooperación para o ecodesenvolvemento. Xorde como unha ONGD para a transformación, situándose dentro do debate actual na corrente que aposta por ser un freo ós abusos do poder político e as desigualdades xeradas dende o poder económico. Para elo, pensan que é fundamental recupera-lo papel autónomo dos movementos sociais na transformación política e a participación da sociedade civil nos asuntos públicos.

Distribuir contido