Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Mobilidade

Rede de sendas urbanas e servizo de préstamo de bicicletas.

A idea da que se partía era a de facilitar o descubrimento da rede de sendas urbanas mediante un proxecto piloto de préstamo de bicicletas, con puntos de recollida e entrega esparcidos de xeito homoxéneo por toda a cidade e puntos clave da rede. O proxecto levado a cabo tivo éxito entre a poboación e supuxo un incremento no número de usuarios de bicicleta.
Vitoria-Gasteiz (Álava).
 

Plans municipais de mobilidade sustentable.

Esta boa práctica consistiu no deseño dun Plan Municipal de Mobilidade Sustentable e o debate dos proxectos que abarca este plan na Mesa da Mobilidade, a Mesa de Accesibilidade, o Consello asesor da Axenda 21, o Foro da Axenda Escolar 21 e o Concello; permitindo levar a cabo actuacións dirixidas ao logro dunha mobilidade máis racional e sustentable. Os avances foron significativos no uso do transporte público e a viabilidade peonil, ademais da redución do tráfico no centro.
Tolosa (Gipuzkoa).
 

Creación dunha rede peonil para a cohesión do territorio.

Neste concello deseñouse unha rede peonil caracterizada por percorridos peonís iluminados de dous metros de plataforma libre e unha separación do tráfico rodado mediante zona axardinada de 1,5 metros; o deseño dun plan de comunicación electrónico. O que se conseguiu foi a construción de 10 kms de sendeiros peonis que xeran unha maior cohesión territorial e a moderación do tráfico no núcleo principal.
Loiu (Bizkaia).
 

Rede de vías exclusivas para desprazamentos en bicicleta.

Nesta cidade creouse unha rede básica de vías ou carriles exclusivos para bicicletas que conectan os distintos barrios. O obxectivo era posibilitar o uso da bicicleta na cidade e contribuir a un aumento de desprazamento urbanos por medios non motorizados. O gran logro foi a aceptación da bicicleta coma transporte urbano competindo así coa mobilidade motorizada privada. Entre os anos 1998-2003 duplicouse o número de desprazamentos diarios en bici.
Donostia-San Sebastián (Gipuzkoa).
 

Instalación de rampas mecánicas en rúas empinadas.

Esta boa práctica baseouse na instalación de cinco rampas mecánicas para mellorar a accesibilidade dunha zona con elevadas pendentes no municipio. Isto supuxo unha mellora da accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida e un incentivo para os desprazamento peonís.
Basauri (Bizkaia).
 

A reinvención do transporte colectivo en Menorca.

Creación dunha nova cultura de uso do autobús mediante actuacións coma unha reforma integral dos servizos de bus cun incremento de destinos, frecuencia e horarios; un control do aparcamento, prioridade de acceso e creación de servizos especiais de autobús; implantación de servizos vinculados ás festas de cada municipio; implantación de servizos nocturnos; nova estación de autobuses; e novos servizos regulares de autobús nas dúas principais cidades.
Menorca.
 

Espazo público, mobilidade e accesibilidade no distrito de Gràcia (Barcelona)

Proxecto que plantexa un novo modelo de mobilidade e espazo público para mellorar a funcionalidade e calidade urbana do distrito de Gràcia.  O obxectivo deste proxecto persegue unha maior accesibilidade para o peón e un maior uso dos transportes máis sustentables. Tamén se crearán grandes mazáns.
Barcelona.
 

Mellora paisaxística do acceso a Granollers (Barcelona) pola carretera BP-5002.

Mellora da carretera que accede á cidade de Granollers mediante actuacións de reestruturación da sección da vía, construcción de beirarrúas, plantación de vexetación, ordenación das infraestruturas técnicas, eliminación de vallas publicitarias e mellora das vallas das fincas adxacentes.
Granollers.
 

Plan de Mobilidade y Espacio Público de Vitoria-Gasteiz.

Plan consistente nunha serie de actuacións que afectan á circulación do vehículo privado, ao transporte público, ao aparcamento, á rede ciclista e peonil, así coma á habitabilidade e a accesibilidade da cidadanía e equipamentos, redes de transporte e actividades.
Vitoria-Gasteiz.
 

Desplegue de infraestructura para o coche eléctrico na Bahía de San Francisco (California)

Establecemento dunha rede de un cuarto de millón de puntos de recarga para os coches eléctricos.
Bahía de San Francisco (California).
 

Distribuir contido