Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Aire

Rede Agrometeorolóxica

Rede de estacións esparcidas por toda Galicia que proporcionan datos coma temperatura, humidade, precipitacións, vento…
 

Transporte Nocturno

 Consiste na realización de diversas rutas de transporte nocturno, con destino nalgunhas das principais zonas de lecer nocturno da comunidade autónoma.
 

Programa de Transporte Escolar Compartido de Galicia (TES+BUS)

TES+BUS, é un proxecto conxunto da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo da promoción do transporte público colectivo en zonas de carácter rural. A actuación TES+BUS consiste na utilización mixta dos servizos de transporte escolar público, de tal xeito que calquera cidadán das zonas onde se implanta poderá utilizar para os seus desprazamentos as rutas destes servizos.
 

Rexistro Galego de Emisións (REGADE)

O obxectivo último destes rexistros electrónicos oriéntase a axilizar o intercambio de información e o procesado e depuración de datos de calidade contrastada, subministrar de xeito áxil a información validada ao pblico e establecer a base dun sistema de comparación e mellora entre as actividades establecidas en Galicia. Este Rexistro englobará todo o fluxo de información e o control das emisións encamiñadas ao cumprimento da normativa ambiental das instalacións da nosa comunidade.
 

Alianza Galega polo Clima

Esta alianza loita contra as alteracións climáticas. Centra os seus esforzos na defensa do clima e dirixe á cidadanía e ás institucións coa intención de lograr unha forte redución das emisións de dióxido de carbono (CO2) e do resto dos gases de efecto invernadoiro.
 

Proxecto "A Posta"

Galicia comeza a traballar de xeito continuo desde o 2001, grazas á colaboración do voluntariado tanto local como europeo.

Distribuir contido