Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Proyectos e iniciativas

Rápidos do río Zarzo.

Rápidos que aparecen no río Zarzo ao seu paso polo Concello de Paderne.
Paderne.
 

Pozo da Ferida II.

Pozo da Ferida é unha fervenza de máis de 30 metros, formada polo río Xudreiro, afluente do río Landro. Este salto que forma unha poza circular na súa base, atópase na parroquia de Monte.
Xove.
 

Asamblea Suído

Os seus fins e  propósitos como asociación nun principio, atopáronse na defensa e impulso da lingua galega, a etnografía, a defensa do patrimonio cultural e histórico e a conservación e pulo do medio natural da zona. Porén, co paso do tempo a meirande parte dos esforzos centrouse no eido da ecoloxía.  As súas ferramentas de traballo son a denuncia lpública nos medios de comunicación e denuncia formal perante os diversos organismos e institucións oficiais, sunto coa divulgación e a educación ambientais.
 

Bicis pola Paz

Bicis pola Paz é unha ongd que nace en Chantada. O obxectivo de Bicis pola Paz é fomentar o eco-transporte nos proxectos de desenvolvemento, Bicis pola Paz doa bicicletas a mestres, médicos, promotores de saúde, veterinarios…. en máis de vinte paises de América Latina, Asía e África, así como a inmigrantes no estado español.

Estación experimental agrícola de Baixo Miño en Salceda de Caselas

Esta estación atende as demandas de particulares e profesionais no relativo ás actividades hortícolas, florícolas, frutícolas e vitícolas. Orienta o produtor nos sistemas de explotación, nas técnicas de cultivo máis axeitadas e no comportamento varietal mediante ensaios; mellora, selecciona e caracteriza as variedades autóctonas hortícolas; e capacita os produtores nas técnicas de cultivo e explotación mediante cursos, demostracións e visitas.
 

Illas Cies (ZEPA)

Presencia de acantilados y sistema dunar con especies singulares de gran interés botánico, entre las que se incluyen endemismos y otras especies características de estos medios como Armeria pungens y el helecho Asplenium marinum. Importantes colonias de Cormorán Moñudo (Phalacrocorax aristotelis), que con 1.000p se trata de una de las más importantes de Europa, y de Gaviota Patiamarilla (Larus cachinnans) con 20.000p, una de las más importantes del mundo
 

Fundación Galicia Europa

Esta fundación nace co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas etidades públicas e privadas galegas, a Fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa EU, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. Os seus ámbitos de acción son: Defender os intereses de Galicia perante a UE, informar sobre a UE en Galicia, formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia e promover a participación galega en proxectos europeos.
 

Federación galega de municipios e provincias

É unha entidade defensora dos intereses da Administración Local galega que se asenta nos seguintes principios xerais: o fomento e a defensa da autonomía das Entidades Locais; a promoción, representación e defensa dos intereses da Administración Local diante doutras administracións públicas; a promoción e o desenvolvemento da cultura e da lingua galega no ámbito municipal; a reivindicación ante os correspondentes poderes públicos de novas cotas competenciais para as Entidades Locais; o fomento da participación cidadá na vida local; o desenvolvemento e a consolidación do espírito europeo no á

Seminario Galego de Educación para a Paz

 ONG sen ánimo de lucro que forma parte da Coordinadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz.

Distribuir contido