Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Proyectos e iniciativas

Asociación Naturalista Bajo Miño

Esta asociación traballa pola conservación, estudo, divulgación e defensa do patrimonio natural do Baixo Miño.
 

Asociación Micolóxica Viriato

A Asociación Micolóxica Viriato leva máis de vinte anos divulgando temas relacionados coa micoloxía básica, coa culinaria... A divulgación é a súa devoción. Durante a tempada micolóxica organizan saídas tuteladas ao monte todos os sábados. A saída efectúase dende o  local social en Sillobre. Axudan as persoas que así o requiran na clasificación das setas que levan ao local.Periodicamente organizan ceas, xa que, ademais de micólogos considéranse micófagos. Para os fanáticos da Ciencia dispoñen dun microscopio profesional co que poden observar as esporas das setas.

Xunta de Micólogos 'Os Lactouros'

Xunta dedicada á organización de visitas e xornadas relacionadas co mundo da micoloxía.

Fundación Preescolar na casa

Preescolar na Casa é un programa de formación de pais e nais que se organiza, preferentemente no medio rural e outros medios desfavorecidos, que intenta apoiar e dar seguridade ás familias na educación e crianza dos seus fillos, nos primeiros anos de vida. Pretende seu unha axuda para que os pais e nais sexan capaces de comprender mellor aos seus fillos e respondan axeitadamente ás súas necesidades e posibilidades.
 

Distribuir contido