Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Proxectos e iniciativas

Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

O obxectivo principal da Coordinadora Galega de ONGD, tal e como o recolle na súa recente Planificación Estratéxica (2009-2012) é contribuír á erradicación da pobreza nun marco de desenvolvemento sostible e de promoción dos Dereitos Humanos, que propugne a eliminación de calquera tipo de discriminación, e que promocione a igualdade entre mulleres e homes.

Museo da Natureza (SGHN)

Este museo conta  cunha colección biolóxica das máis importantes da Península.  O museo dispón dentro da súa colección de mamíferos mariños, crustaceos, aves, insectos, cetaceos e cartografía mariña. O criterio seguido por este museo  para a formación da mostra expositiva é que ningún animal sexa capturado ilegalmente, nin sacrificado ou danado e ningunha especie esquilmada para a súa mostra, mantendo sempre unhas normas éticas no seu contacto coa natureza, encamiñadas a non alterar o medio.
 

Asociación Papaventos

Esta asociación ten o fin de desenvolver un proxecto de animación medioambiental e cultural. Papaventos desenvolve actividades lúdico-pedagóxicas en centros escolares de douscentos concellos de Galiza, Asturias, O Bierzo e Portugal .

Asociación Pola Defensa da Ría

 Esta asociación nace como resposta á preocupación cidadá diante da grave situación de deterioro ambiental que sofre o medio natural na zona; trátase dunha asociación ecoloxista plural e aberta a todas as persoas que -con independencia da súa condición e ideoloxía- coincidan no interese pola recuperación e potenciación da maior das riquezas ecolóxicas da bisbarra: a ría e o seu contorno.

Ecoespacio do Rexo (Allariz-Ourense)

O Centro de Educación Ambiental O REXO  é unha iniciativa heteroxénea de educación non regulada que conta cunhas instalacións (aula, granxa e queixería) acomodadas para desenvolver un proxecto educativo, que ten como fin e obxectivo xeral pór en coñecemento e valorización,  iniciativas de desenvolvemento rural que axuden a preservar o medio natural, xeneradoras de riqueza no noso monte para tecer unha economía local e social, baseada na explotación sustentable dos recursos naturais e dun estilo de vida saudable.
 

Agrupación Micolóxica de Vilagarcía de Arousa: " A Cantarela"

Esta agrupación realiza, ano tras ano, "Semanas Micolóxicas", saídas ao campo, excursións colectivas, charlas en colexios públicos e concertados da nosa comunidade e fóra dela, así coma ás agrupacións de mulleres rurais, teleclubes e sociedades culturais. Celébranse tamén comidas micolóxicas e concursos de cociña. Desde o ano 1.991, institucionalizaron a "Degustación Popular de Cogomelos ", que logo pasaría a denominarse "Festa dos Cogomelos" ), que consiste en ofrecer ao público asistente cogomelos preparados de forma variada, acompañadas de viño albariño, todo por un módico prezo.

Xuntanza de Micólogos "Os Cogordos"

Asociación ourensán integrada na Federación Galega de Micoloxía que realiza entre outras actividades relacionadas con esta temática conferencias, cursos, concursos, exposicións, reunións  semanais co obxecto de clasificación de especies e programación de actividades, saídas de traballo de campo para a recollida de cogomelos, excursións a explotacións micolóxicas, participacións en congresos, participación coma expositores e proxecto de elaboración dun libro sobre Micoloxía e receitas de cociña dos cogomelos.
 

Estación Fitopatolóxica Areeiro

Os seus obxectivos son asesoramento en materia de fitopatoloxía, axudar aos agricultores e Servizos Oficiais a recoñecer as pragas e enfermidades dos nosos cultivos, e a informar sobre a as medidas de protección e control que deben seguir para evitar as perdas que ocasionan estes patóxenos; no campo da fructicultura recuperación de variedades autóctonas galegas e a introdución de novas especies e variedades froiteiras aptas para a nosa zona coa realización dos estudos previos de aclimatación e agronomía, os resultados obtidos destas experiencias transmítense aos fructicultores por medio de

Asaja

Xóvenes Agricultores-Asaja Galicia é unha Organización Profesional Agraria que agrupa ós pequenos e medianos empresarios agrícolas, gandeiros e forestais de Galicia.
 

Grupo Naturalista Hábitat

Esta asociación ten coma fin a conservación da natureza sobranceira en Galicia. Fundada na Coruña en 1979 por entusiastas estudosos da natureza, moitos deles afeccionados ás aves, xa dende o comezo compartíase co interese por artrópodos, réptiles, anfibios, mamíferos, plantas,... o que levou a unha mellor defensa de espazos coma un todo, coma hábitats. A iso dedican o seu traballo e estudo, á conservación dos espazos naturais, con ou sen protección legal.
 

Distribuir contido