Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Boas prácticas

Xestión sustentable dos bosques públicos.

Neste municipio deuse un impulso a unha xestión forestal sustentable coa intención de compatibilizar o rendemento económico forestal co rendemento ambiental e social conseguindo deste xeito a Certificación forestal Paneuropea. Logrouse tamén a rehabilitación dos bosques locais e a súa adecuación para o uso público.
Amurrio (Alava).
 

Estudo do municipio dende a óptica da sustentabilidade.

O concello de Sondika decidiu criterios vinculados á sustentabilidade nos temas relacionados co desenvolvemento e a ordenación territorial do municipio. Froito desta decisión prodúxose un aumento do grao de coñecemento dos problemas ambientais do concello, o que dá lugar a unha reflexión global e maior sensibilización a nivel municipal.
Sondika (Bizkaia).
 

Creación dunha zona verde fluvial.

Nesta cidade levouse a cabo a recuperación ambiental da marxe dereita do río Oria e a creación de espazos verdes de ribeira.

Peatonalización e mellora de infraestruturas do casco histórico.

Esta práctica baséase na rexeneración física, funcional e social da vida urbana do casco histórico. Recuperouse a centralidade comercial, de ocio e relación do centro de Durango, ademais da mellora da infraestrutura de saneamento e accesibilidade, eliminación de barreiras arquitectónicas, instalación de alumbrado,restricción dos vehículos motorizados dentro do casco e recuperación do colorido tradicional dos edificios. Conseguiuse ademais do plantexado a mellora na xestión de residuos, limpeza viaria e vertidos incontrolados.
Durango (Bizkaia).
 

Revisión do planeamento urbanístico con criterios de sustentabilidade.

Co desenvolvemento da Axenda 21, levouse a cabo a revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana e a súa preceptiva Avaliación conxunta de impacto ambiental. Froito de esta revisión integráronse criterios de sustentabilidade nos principais documentos estratéxicos da cidade e mellora da comunicación interadministrativa.
Donostia-San Sebastián (Gipuzkoa).
 

Plan de accesibilidade e mobilidade.

 Levouse a cabo nesta práctica a priorización dos itinerarios peonís dentro do municipio e a potenciación para todas as persoas tanto no casco urbano coma nas urbanizacións e edificios públlicos. Logrouse unha mellora global da accesibilidade, tanto na vía pública coma nos edificios municipais e a introdución dos criterios de accesibilidade nos plegos de urbanización.
Artea (Bizkaia).
 

Xestión integral de residuos urbanos con participación cidadá.

Esta boa práctica parte da implantación dunha forma racional e integrada de tratamento de residuos sólidos contando para isto cun proceso altamente participativo e que inclúe a construcción dunha planta de reciclaxe e compostaxe dando servizo ao 100% da poboación, reintroducíndose os produtos no ciclo produtivo a través de empresas de economía local.

Recollida selectiva porta a porta de aparellos eléctricos e electrónicos.

Esta boa práctica consiste na reciclaxe dos lodos xerados no proceso de tratamento das augas da comarca na estación depuradora de Arazuri. O feito de que estes lodos fosen de gran calidade e baixo contido en metais pesados fixo que fosen aptos para o seu aproveitamento coma, abono, compost e recebo coa consecuente gran aceptación por parte dos agricultores.
Arazuri (Navarra).
 

Fomento da compostaxe no medio rural.

 Para levar a cabo esta boa práctica procedeuse á implantación da compostaxe nas zonas de Mungia onde sí era viable: caseríos de zonas rurais e barrios periféricos. O principal logro foi o establecemento dun programa de apoio á compostaxe da fracción orgánica dos residuos domiciliarios e de xardiñería dos barrios periféricos, xunto coa sensibilización no respecto polo entorno e educación nas novas experienzas de compostaxe.
Mungia (Bizkaia).
 

Recollida selectiva de aceite de uso doméstico.

Para levar a cabo esta boa práctica repartíronse de xeito gratuíto recipientes para a recollida do aceite de uso domestico, xerando o hábito por parte dos habitantes a reciclar o aceite usado, evitar que se verta polo desagüe e mellorara a calidade da auga do rio. Os recipientes repartidos son ao mesmo tempo reciclados. Recuperáronse 1,7 toneladas de aceite usado que se reaproveitou en parte para a produción de biodiesel.
Llodio-Laudio (Álava).
 

Distribuir contido