Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Natureza

Revista dixital "Cos pés na terra"

Cos Pés na Terra é unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre medio ambiente e sustentabilidade, cuxos públicos obxectivo principais son activistas do movemento ecoloxista e doutros movementos sociais, estudantes e profesionais de áreas relacionadas cos temas da revista, xornalistas, técnicos/as de Administracións ou de empresas e cargos políticos.
 

Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas"

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas é un proxecto diferencial de Amigos da Terra, xa que parte da esperanza dunha base social significativa, que ao longo destes anos foi traballando sobre os principios e valores que un día os motivou a afrontar este reto. O reto de demostrar a viabilidade e importancia de poñer en práctica un proxecto educativo en total coherencia co equipamento.
 

Programa CENTUREA

 Dentro do Programa ¡VIVE AO NATURAL! creouse este outro programa dirixido ao público en xeral que visita un espazo natural protexido, en grupos de 5 (mínimo) a 30 (máximo) persoas. Desenvolverase todos os días do ano.Inclúe as seguintes actividades, segundo o espazo natural: Visitas a centros de interpretación, itinerarios interpretativos guiados arredor dos centros, itinerarios interpretativos autoguiados, interpretación de exposicións, charlas explicativas e proxeccións de diaporamas e vídeos
 

Mesa Galega da Madeira

A Consellería de Medio Rural crea a Mesa da Madeira co obxectivo de impulsar o sector forestal e fomentar o seu papel no desenvolvemento rural, mellorar a rendibilidade e establecer un marco estable de diálogo e intercambio de opinións. Esta Mesa busca a máxima representación de todos os axentes implicados no ámbito forestal co obxectivo de que se poñan en común e se teñan en conta todos os puntos de vista posible  para afrontar de xeito operativo cada unha das iniciativas e problemas que se presenten.

Rede de Aulas Forestais

Con esta rede preténdese fomentar a cultura forestal a través de actividades de educación e divulgación dirixidas a diferentes axentes do sector forestal e ao público en xeral, pero especialmente aos máis novos, para os que existe un programa de actividades específico.  Entre os seus obxectivos principais está o de ser puntos de encontro para a realización de actividades de carácter forestal; a ensinanza de labores forestais (plantacións, tratamentos silvícolas e aproveitamentos, entre outros), e como centro de visitas de colexios para complementar a formación dos nenos e nenas no seu

Organización Drosera

Drosera é unha organización sen ánimo de lucro, adicada ao estudio e a conservación do medio natural en Galicia.
 

WEB: Micoloxía en Valdeorras

Páxina do micólogo ourensán Cristóbal Ruíz onde se poden atopar fichas dos cogomelos máis abondosos na comarca de Valdeorras, receitas de cociña, ditos populares, refráns, e ata debuxos cómicos sobre os cogomelos feitos polo debuxante O Carrabouxo.
 

Distribuir contido