Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Sociedade

Federación Gallega de Asociaciones de Inmigrantes "Fillos do Mundo"

Federación de asociacións que realizan a labor de apoio aos inmigrantes
 

Médicos do Mundo Galicia

Médicos do Mundo é unha asociación independente que traballa para facer  efectivo o dereito á saúde para todas as persoas, especialmente para aquelas que viven en situación de pobreza, inequidade de xénero e exclusión social ou vítimas de crises humanas. Esta asociación actúa no ámbito da saúde, atiende a toda persona que ve vulnerados seus dereitos humanos, realiza accións de sensibilización como medio para o cambio social e denuncia as causas que ocasionan as inxustizas.
 

Asociación de Solidaridade Salvador Allende (ASSA)

Asociación que leva a cabo tarefas de coperación internacional e desenvolvemento dos paises menos favorecidos
 

Asociación Galega de Axuda ó Sáhara

Asociación que realiza accións de intervención directa, sesibilización e formación regrada no Sahara.
 

Xadelibros

Xestión económica do programa de gratuidade dos libros de texto.
 

Plan Edu-emprende

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, constitúese como o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria lle transmitirá á comunidade educativa.
 

Proxecto ABALAR

ABALAR é o proxecto que promove a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. ABALAR é unha estratexia educativa global e integradora, definida con obxectivos determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias da cidadanía galega, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.
 

Unidade de Atención a Centros (U@Cega)

A Unidade de Atención a Centros (U@Cega) é un punto único de acceso ó soporte técnico para os centros educativos de ensino non universitario de Galicia. Este acceso ofrécese mediante teléfono, correo electrónico, fax, chat ou web e a asistencia realízase tanto "on line" como "in situ". Os seus servizos comprenden o soporte de infraestructura de comunicacións e informática, o soporte de aplicacións educativas e administrativas e o soporte de servizos pedagóxicos na aula.
 

 Rede da Educación Galega (REDUGA) 

Infraestrutura de telecomunicacións e redes ó proxecto SIEGA, dotándoo dos recursos informáticos e humanos esenciais para o funcionamento dos servizos educativos que se ofertan. REDUGA proporciona a infraestructura tecnolóxica necesaria a tódolos centros, integrándoos no sistema para que compartan os seus recursos pedagóxicos sen perder autonomía.

Servizos Educativos Multimedia (SEM)

Os Servizos Educativos Multimedia (SEM) provén á comunidade educativa de ferramentas de comunicación que estimulan a súa participación na sociedade da información. Estes servizos proporciónanlle ao profesorado instrumentos para desenvolver o seu labor educativo no novo marco tecnolóxico e melloran a súa eficacia pedagóxica. Tamén lle facilitan ao alumnado a aprendizaxe dos contidos curriculares, así como a súa adaptación ao contorno de traballo da sociedade da información.
 

Distribuir contido