Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Sociedade

Programa PEME Sostible e Responsable

Mecanismo e marco para xestionar unha estratexia de RSE nunha PEME co fin de que esta sexa sostible e responsable. Trátase dun proxecto piloto que permitirá dispoñer dun modelo destinado a incorporar a RSE no sistema de xestión das PEMES galegas. A realización deste proxecto baséase no uso de indicadores divididos en impactos sociais, medioambientais e económicos para cada un dos diferentes grupos de interese clave da organización
 

Observatorio Galego da RSE

O observatorio galego nace co propósito de cumprir unha dobre función. Función informativa pois o observatorio constitúe unha fonte informativa rigorosa e veraz sobre a aplicación da RSE na nosa comunidade; e función investigadora, complementaria da función informativa. A través do reporte de estatísticas e datos, o observatorio contribúe á transparencia en materia de RSE, favorecendo que todos os grupos de interese da responsabilidade social sexan coñecedores das principais informacións e avances con implicacións no ámbito.
 

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)

O ISSGA é un organismo autónomo encargado da xestión e a coordinación das políticas que nas materias de seguridade, hixiene e saúde laboral establezan os poderes públicos da comunidade autónoma para a mellora das condicións de traballo, co obxecto de eliminar ou reducir na orixe os riscos inherentes ao traballo, sen prexuízo das competencias da Dirección Xeral de Relacións Laborais neste ámbito e das competencias atribuídas a outros departamentos da Xunta de Galicia.
 

Proxecto ACCEPT

A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten unha especial importancia polo recoñecemento que lle outorgou a Unión Europea, as redes de comunicación que dende moi antigo enlazan aos territorios de Galicia e Norte de Portugal, xunto coas infraestruturas de comunicación actuais, fomentan a xeración dun constante fluxo empresarial, laboral e comercial; polo que non é estraño o frecuente tránsito de traballadores e traballadoras que cruzan a fronteira, que nos delimita como territorio pero non nos separa, para traballar a un e ao outro lado.

Portal da Inmigración

O Portal da Inmigración nos Concellos de Galicia pretende ser un instrumento de doado manexo e completa información sobre os procedementos administrativos e as institucións e recursos con que conta a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de inmigración.
 

Instituto de Estudos Sociais e Internacionais

Somos unha entidade que ten como fin contribuír ao desenvolvemento humano baseándose en programas de redución de pobreza nos países menos desenvolvidos e en programas de redución da vulnerabilidade, integración e igualdade no ámbito social e socio-sanitario en colectivos da nosa comunidade.
 

Foro Social Galego (FSGal)

O Foro Social Galego (FSGal), que adopta a Carta de Principios do Foro Social Mundial, é un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas fronte ao capital e que denuncian calquera forma de imperialismo.
 

Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade

Asociación sen ánimo de lucro cuxo obxecto fundamental consiste en configurar un instrumento legal que permita a confluencia e a asociación das vontades libremente expresadas polos seus asociados para desenvolver unha eficaz política de cooperación e de solidariedade dos/as cidadáns dos concellos e provincias de Galicia cos pobos subdesenvolvidos.
 

Cooperación Galega

Cooperación Galega é a ferramenta a través da cal Galicia canaliza as súas accións en pro do desenvolvemento. Deste xeito, mediante a cooperación para o desenvolvemento a sociedade galega pon a dispoción dos pobos máis pobres do planeta a súa experiencia histórica, os seus valores, activos e recursos; sumándose aos procesos existentes para combater a pobreza e as súas causas, promovendo activamente o dereito ao desenvolvemento integral, humano e sostible.
 

Proxecto ILDER

O proxecto ILDER (Inserción Laboral no Desenvolvemento Rural ) é un proxecto coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) aprobado ao abeiro da 2ª convocatoria da Iniciativa Comunitaria EQUAL. A Agrupación de Desenvolvemento que o participa está composta por sindicatos agrarios, empresas, administracións e outras entidades ligadas ao medio rural galego.

Distribuir contido