Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Sociedade

Fundación Galega do Metal para a formación, cualificación e emprego (FORMEGA)

Fundación clasificada como Benéfico Social e de Interés Galego, ten coma liñas fundamentais de actuación a formación a cualificación e o emprego.

Galicia Espallada

Toda a información de Galicia e da súa emigración. Una recolleita da cultura galega onde se atopan seccións de literatura, arte, cultura, tradicións e festas, gastronomía, lingua, historia, galeguismo, emigración, actualidade, etc.
 

Sociedade Galega de Educación Ambiental

  A Sociedade Galega de Educación Ambiental é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, que se constitúe para aglutinar o traballo de moitas persoas que se veñen significando,algúns dende finais da década dos setenta, na promoción da Educación Ambiental en Galiciae que desexan asociarse para darlle continuidade e profundidade a este traballo e avanzar dende unha perspectiva colectiva e plural na construcción dunha sociedade máis xusta, respectuosa e responsable co medio ambiente.
 

C. de Educación Ambiental Outeiro

Centro que forma parte do Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro e para o que se fixo unha sala de exposicións, equipada cos medios técnicos precisos.
 

Contos Solidarios

O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado polo colectivo de educación ambiental Papaventos e financiado pola convocatoria de sensibilización de Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Contos Solidarios percorreu máis cincocentas escolas e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica…..

Asociación Casa Latina americano en Galiza CLAM

A CLAM surxe pola iniciativa dun grupo de estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela procedentes de América Latina, establecendo como obxetivo principal “Contribuir a investigación e a difusión da cultura latina americana”; ademais de formar vínculos sociais tanto coa sociedade galega, como con persoas do continente americano. As actividades desenvolvidas son conferencias, seminarios, foros de debates, boletíns, programas de radio e diversas actividades culturais.

Fundación Érguete-Integración

A Fundación Érguete-Integración nace coa finalidade de facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada no deseño e seguimento de itinerarios individualizados de inserción.
 

Amarante

É unha organización galega de cooperación para o ecodesenvolvemento. Xorde como unha ONGD para a transformación, situándose dentro do debate actual na corrente que aposta por ser un freo ós abusos do poder político e as desigualdades xeradas dende o poder económico. Para elo, pensan que é fundamental recupera-lo papel autónomo dos movementos sociais na transformación política e a participación da sociedade civil nos asuntos públicos.

Sistema de Información da Educación Galega (SIEGA)

O Sistema de Información da Educación Galega xorde como unha resposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó cada vez máis importante papel das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no eido escolar. SIEGA é un proxecto integral composto actualmente por:  Rede da Educación Galega (REDUGA),  Recursos Educativos, Portal de Recursos Educativos, Plataforma de Teleformación Galega (PL@TEGA), Unidade de Atención a Centros da Educación Galega (U@CEGA), Servizos Educativos Multimedia (SEM) e e-Administración Educativa
 

Laboratorio Medio Ambiente Galicia

Le corresponde al LMAG la realización de estudios, análisis e informes técnicos sobre el establecimiento de parámetros, técnicas y procedimientos analíticos previstos en las normas medioambientales, de conformidad con lo previsto en el Decreto 164/1999, del 27 de mayo, por lo que se establecen las competencias y funciones del Laboratorio de Medio Ambiente.
 

Distribuir contido