Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Economía

Solidariedade Internacional de Galicia (SIGA)

Asociación  Solidariedade Internacional de Galicia trabaja en Bolivia, Ecuador, Guatemala, Honduras e Senegal. Tamén realiza anualmente campañas de sensibilización en centros educativos de ensinanza primaria e ensinanza media de toda Galicia e tamén dirixidas á poboación en xeral. Ademais, distribúe e vende produtos de alimentación e artesanía de Comercio Xusto e realiza campañas de sensibilización e concienciación sobre esta forma de cooperación. Todas as navidades monta tendas temporales de Comercio Xusto en Vilagarcía de Arousa, Monforte, e outras localidades.

 Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

 Organización de interese industrial cuxos obxetivos  son promover a difusión e aplicación de políticas en materia de calidade, tecnoloxía e innovación, recibindo adicionalmente a encomenda de xestión de infraestructuras tecnolóxicas; o Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Deseño e a Tecnoloxía de Galicia, o Centro de Innovación e Servicios (CIS) Tecnolóxicos da Madeira de Galicia e o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, levando a cabo dende cada un dos centros antes indicados as actividades contempladas no marco da súa competencia técnica e estratéxica.

Centro de Innovación e Servizos, Tecnoloxía e Deseño

Trátase dun axente facilitador para a transferencia das denominadas novas tecnoloxías ás pemes de Galicia, propiciando ademais a creación do clima oportuno para que a conciencia innovadora se instaure entre tódolos actores do tecido productivo galego. Facilita a estas empresas información e formación.
 

Fundación Laboral de la Construcción

A Fundación Laboral da Construcción ten como obxectivos o fomento da formación profesional, a mellora da seguridade e a saúde no traballo, así como a profesionalización e dignificación do emprego no sector, con medidas como a expedición da Tarxeta Profesional da Construcción (TPC).
 

Fundación Galicia Europa

Esta fundación nace co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Participada por diversas etidades públicas e privadas galegas, a Fundación está vinculada funcionalmente á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa EU, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. Os seus ámbitos de acción son: Defender os intereses de Galicia perante a UE, informar sobre a UE en Galicia, formar e sensibilizar sobre Europa en Galicia e promover a participación galega en proxectos europeos.
 

Distribuir contido