Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proyectos e iniciativas

Horta natural, dos novos.

Empresa integrada por catro mozos adicada á produción e comercialización de produtos hortícolas ecolóxicos e convencionais. Agora teñen un posto no mercado de San Agustín onde ofertan, ademais dos seus, outros produtos ecolóxicos, dende ese posto reparten por outros pequenos establecementos da cidade e tamén abastecen ón mercado central da Coruña.
Varios na provincia da Coruña.
 

Redonda e refrixerada, pero con personalidade propia.

Empresa dedicada á fabricación de empanada galega conxelada e refrixerada. Esta empresa está orientada a compradores como cadeas de supermercados, mais o seu obxectivo principal é ter distribuidores para a súa empanada.
Oleiros.
 

Á luz das flores.

A iniciadora do proxecto comezou a súa aprendizaxe en Francia e dun xeito autodidacta continuou en Carral onde estableceu unha tenda-taller de artesanía con desenvolvemento da técnica de flores secas sobre pantallas de lámpadas.
Carral.
 

A granxa e o queixo.

Complexo en antiga explotación gandeira que integra granxa escola, un zoo de animais domésticos, un museo do queixo, una fábrica de queixos,  un restaurante e unha tenda onde se  organizan unha variada gamas de actividades relacionadas coa agricultura e a natureza.
Sobrado.
 

Non só pasta.

Estudo, deseño e posta en marcha dunha fábrica de laminados de eucalipto glóbulus. Proxecto para o cal se contou coa colaboración de consultoras, empresas centros de investigación que definiron un destino alternativo para esa madeira.
Trabada.
 

No lugar escollido.

Taller de mecanizados orientado ó mantemento e fabricación para reposición de pezas de vehículos.
 A Pontenova.
 

Ruído e cor agardan ir de festa.

Implantación dunha industria pirotécnica, na cal se deseñan e montan cada colección .
Laracha.
 

Tradición de barro.

Accións da asociación oleira de Buño. A asociación está formada por cerca de 50 persoas que tratan de levar a cabo a recuperación dunha actividade típica do lugar consistente no deseño e elaboración de pezas de olería.
Malpica de Bergantiños.
 

Un cacho de Natureza nun mundo de Natureza.

Parque da natureza con diferentes especies animais de diferentes continentes e hábitats, con cafetería-restaurante nas súas instalacións. O deseño do parque buscou a harmonía co entorno, cos espezos vitais necesarios para cada especie, buscando similitudes co seu hábitat de orixe.
Outeiro de Rei.
 

Nesta ría tamén hai barco.

Proxecto consistente no establecemento de embarcación para realización de rutas turísticas na ría de Pontevedra. Proxecto que nacegrazas á súa inclusión no programa Proder.
Poio.
 

Distribuir contenido