Linguaxes

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Iniciar sesión

Santiago de Compostela, 12 de Marzo - Expertos de referencia reuníronse o pasado xoves no marco do proxecto Desourb, desenvolvido entre a Xunta de Galicia e o Eixo Atlántico, a través da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico, para tratar dous das principais cuestións que afectan ao desenvolvo Eurorrexión: a necesidade de autosuficiencia enerxética e a innovación como motor de impulso da economía e da mellora do medio ambiente.

COLECCIÓN: ESTUDOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

Santiago, 28 de febreiro de 2011.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, lidera un proxecto de cooperación transfronteiriza na Eurorrexion Galicia-Norte de Portugal, en asociación co Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que ten como obxectivo definir un modelo para a planificación e xestión territorial da Eurorrexión.

Ano: 1979 - Lugar: A Coruña
Esta asociación ten coma fin a conservación da natureza sobranceira en Galicia. Fundada na Coruña en 1979 por entusiastas estudosos da natureza, moitos deles afeccionados ás aves, xa dende o comezo compartíase co interese por artrópodos, réptiles, anfibios, mamíferos, plantas,... o que levou a unha mellor defensa de espazos coma un todo, coma hábitats. A iso dedican o seu traballo e estudo, á conservación dos espazos naturais, con ou sen protección legal.

Este informe tras comezar cun análise do sector cárnico en España e Galicia, fai un estudo sobre a estrutura e proceso produtivo de dita industria, localización dos principais puntos de demanda enerxética e dando datos sobre tal consumo. Por elo plantexa medidas de aforro enerxético para este sector. Finaliza cun anexo adicado á coxeneración, presentándoa coma unha das solucións máis eficaces para diminuir os custos enerxéticos, entre outros, tamén neste sector.
Organismo Promotor: INEGA

Este documento establece as condicións técnicas que deben tomarse en consideración na convocatoria de axudas para a promoción de instalacións de Enerxía Solar Fotovoltaica no ámbito do Plan de Fomento das Enerxías Renovables do período 2005-2010. Establécese o ámbito de apicación do plego así coma a necesidade de xustificacións no caso de levar a cabo no proxecto solucións distintas ás previstas en dito plego.
Organismo promotor: IDEA. CENSOLAR. CIEMAT.

 


Este informe tras facer unha introdución sobre o que é e supón a coxeneración analiza a súa situación en Europa e en España, para logo adentrarse en Galicia.  Este informe presenta a coxeneración coma o futuro o cal vai estar moi ligado ao desenvolvemento das tecnoloxías que permitirán ampliar o campo de aplicación deste tipo de produción de enerxía, unha alternativa firme ás enerxías convencionais.
Organismo promotor: INEG

Este informe analiza a actividade hoteleira en relación co consumo enerxético que xera este sector, fixándose niveis medios de consumo segundo a tipoloxía do hotel,categoría e localización. Analízanse os puntos de consumo, cuantifícanse custos e dispóñense medidas de racionalización. Analízase a viabilidade de implantación de sistemas innovadores de produción de enerxía baseado no aproveitamento de recursos endóxenos.

O documento comeza cunha visión xeral sobre a importancia do cambio nos hábitos de consumo para conseguir un futuro enerxéticamente sostenible.Tamén
aborda a teoría e un método de planificación para os programas de cambio de comportamento.