Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Proyectos e iniciativas

Banco de Terras de Galicia

Supón a mobilización de terras agrarias mediante aluguer, é un banco público onde calquera persoa pode inscribir de xeito voluntario as súas fincas para permitir que sexan arrendadas por períodos máximos de 5 anos. É un intento por parte da Xunta de Galicia de crear riqueza e emprego mediante o arrendamento de fincas agrarias abandoadas ou improdutivas.
 

Asociación Micológica Pandesapo

Esta asociación organiza actividades de divulgación do coñecemento do mundo micolóxico mediante exposicións, recollidas colectivas, cursos de cultivo e concursos.
 

Rede de Equipamentos de Educación Ambiental de Galiza

Centros, que tiveron un representante presente polo menos dous días no I Encontro Galego de Equipamentos para a Educación  Ambiental promovido pola SGEA.
 

Programa estratéxico de infraestruturas do Medio Rural

O Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural teñen o obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas. Elaborou as directrices para un plano de investimentos na totalidade dos concellos galegos, que se desenvolve de acordo cuns criterios básicos entre os que se sinalan proxectos destinados a dinamizar a base produtiva e a fixar poboación no ámbito rural, co fin de dignificar e de mellorar a súa calidade de vida.
 

Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)

Centro de recuperación, estudo e difusión do patrimonio educativo galego
 

O proxecto SIGN II (Infraestrutura de Datos Espaciais para o territorio rural de Galicia-Norte de Portugal)

O proxecto formulouse como continuación do SIGN, con el  preténdese sistematizar, harmonizar e divulgar de forma conxunta a información dixital, recorrendo para iso ás TIC (Tecnoloxía da Información e as Comunicacións). Deste xeito, converten a información nun ben accesible para planificadores e xestores do medio rural, que poderían utilizala á hora de tomar decisións en campos variados, especialmente nos vinculados á ordenación territorial, planificación, valoración e conservación ambiental, rendibilidade de actividades rurais, etc.
 

Innovación, Ciencia, Tecnoloxía (Incite)

É unha ferramenta de execución do Goberno galego en política de I+D+I. Está especialmente concentrado do desenvolvemento completo de dúas pezas esenciais para o correcto funcionamento do sistema galego de I+D+I: por un lado incrementar o potencial investigador e innovador de Galicia ; polo outro asentar a vertebración do sistema galego de innovación. É dicir as bases da estratexia científico-tecnolóxica galega aséntanse na mellora tanto cuantitativa coma cualitativa dos recursos humanos e na completa articulación do sistema I+D+I galego.

Centro Tecnolóxico da Carne (CTC)

O Centro Tecnolóxico da Carne é unha fundación de interese galega que pretende dinamizar e mellorar a capacidade competitiva do sector agroalimentario de Galicia. A súa actividade organízase en torno a catro eixos fundamentais de actuación, servizos a empresas (análises, trazabilidade, seguridade e calidade alimentaria, APPCC, etc); I+D+i; formación; e asesoramento e transferencia tecnolóxica, en íntima relación cos axentes do sector.
 

Proxecto Fenix (SGEA)

 Este proxecto consiste en facer do proceso de análise diagnóstica unha parte inicial e precursora no desenvolvemento dun novo marco estratéxico para a EA en Galicia, o obxectivo final é  iniciar un “proceso de procesos” con distintos produtos (informes diagnósticos, plans de acción, DAFOs, seminarios, cartas de calidade, indicadores, etc.) coordenados e relacionados entre si.
 

Asociación Xuvenil para o Estudio da Natureza

Esta asociación xurdiu dun grupo multidisciplinar de estudantes e investigadores da Universidade de Vigo cuxa paixón pola natureza fixo que levaran a cabo o desenvolvemento dunha tecnoloxía apropiada para o respetuoso estudo e observación da fauna salvaxe, habitualmente esquiva ante a presenza humana. Consideran as novas tecnoloxías unha poderosa ferramenta para a procura de información e con elo a sensibilización e a educación ambiental. Co seu afán divulgador lóxica é a súa premisa  "para conservar hai que coñecer, hai que coñecer para divulgar".
 

Distribuir contenido