Idiomas

  • Galego
  • Español
  • Português

Feed Eixoecologia

Buscar

Inicio de sesión

Recursos Externos

Camiño do viño.

Trátase da creación dun itinerario a carón do  río Miño que permite aos visitantes achegarse ás sete adegas de viño que están ubicadas ao longo desta ruta, museos do viño que xunto co entorno conxugan unha alternativa turística diferente pero interesante.
Crecente, Arbo, As Neves.
 

Un servizo natural.

A adquisición por parte do Concello de Ponteareas do Castelo de Sobroso trouxo consigo a finca que o circundaba onde se iniciu un proceso de recuperación e mantemento do rico parque forestal alí existente. Foi nel onde, despois duns anos, se pon en funcionamento unha aula da natureza. Neste espazo a parte da riqueza vexetal tamén se poden observar os seus habitantes, cabalos, avestruces e outros animais que se integran nun microcosmos de natureza.
Ponteareas.
 

A bica en camiño.

Coa intención de potenciar e intentar manter a elaboración dun produto típico e de calidade, os protagonistas desta iniciativa comezaron a fabricar algo que sempre se fixera na casa. De xeito artesanal fabrican as bicas que conseguiron trasladar a tódolos recunchos de Galicia e a numerosas feiras gastronómicas.
Pobra de Trives.
 

Quen dixo que o rural é aburrido.

Tras unha profunda análise das carencias e potencialidades da zona da Ribeira Sacra o creador deste proxecto deseñou unha empresa de turismos activo. Consturíron instalacións, incluído o aloxamento en lugares coma a Ribeira Sacra, a Serra do Eixe ou o Xurés e coa colaboración de persoal ben cualificado  levan a cabo unha gran diversidade e calidade nos seus servizos, todo elo nun entorno máis que axeitado para o tipo de actividades que levan a cabo.
Varios na provincia de Ourense.
 

Educar dun xeito natural.

A iniciadora do proxecto inspirouse noutras mulleres do rural que fixeran de pequenas ideas un negocio. Deste xeito e con dúas compañeiras máis decidiu crear un centro de educación ambiental. Este centro conta cunhas instalacións completísimas para lograr que os visitantes logren un contacto absoluto coa Natureza, aprendendo a repectala.
Coles.
 

Dende Río ata Saturno.

Este proxecto consiste na creación dun centro permanente de formación e goce ambiental, con aloxamento e organización de múiltiples actividades coma o tiro con arco, xogos tradicionais, estudo da fauna e flora autóctonas, visitas turísticas pola Ribeira Sacra e Terras de Trives, iniciación á meteoroloxía, sendeirismo , introdución á maxia... Toda unha oferta que fai que sexa un gran atractivo para todo tipo de colectivos.
San Xoan de Río.
 

Un servizo moi próximo.

Esta iniciativa parte da necesidade de prestar un servizo de coidado a nenos no rural.  Non é unha gardería, senón que é de carácter puntual, cando os pais non poden atendelos por algún motivo.
Pobra de Trives.
 

A tomar un viño no museo.

A iniciativa comezou tras a creación dun mesón tradicional para o cal o seu dono, seguindo a súa inquedanza persoal comezou a coleccionar todo tipo de elementos: embudes, mazas do viño, candís, fitoiras, tecedeiras, … A intención da iniciativa é manter a memoria tan rica e diversa do rural.
Pobra de Trives.
 

Xuntos na uva, xuntos no viño.

Iniciativa que parte dun emprendedor que dende novo vivira o mundo da olería moi de cerca e que tras unha licenciatura na materia cos máis expertos do lugar decide facer diso a súa profesión, montar un obradoiro e recuperar unha antiga reitoral que serva de expositor das obras e da súa elaboración para aprender a valoralas e diferenciar o que é a artesanía do proceso industrializado. Mestúrase deste xeito etnografía, tradición e artesanía.
Sober.
 

Unhas pechan e outras abren.

Tralo peche da fábrica na que traballaba o protagonista deste proxecto, animado pola demanda dos clientes emprendeu o camiño de abrila e comezar a fabricar portas de novo. Traballa sobre pedido de todo tipo de deseños e madeiras. Desta fábrica saen anualmente trinta mil unidades.
Oroso.
 

Distribuir contenido